Laura Seara, deputada socialista no Congreso dos Deputados, presentou onte unha Proposición non de Lei no Congreso dos Deputados para instar ao Goberno central a colaborar coas institucións galegas no Ano Celso Emilio, pensando na "realización de actividades, exposicións, publicacións e demais accións que se consideren oportunas no marco da conmemoración", durante o 2012, da figura do escritor celanovés.