Factoría K e El Patito adiantan os seus vindeiros lanzamentos de BD

Verán a luz Hello monsieur Hulot, A noite do inca e 36-39 malos tempos

Ilustración da capa de <i>Hello monsieur Hulot</i>
Ilustración da capa de Hello monsieur Hulot
Na ampla reportaxe que lle dedica hoxe Praza Pública ao sector da BD galega, atopamos algunhas novidades que anuncian as editoras do país para 2012. Pola banda de Faktoría K adiantan que para Viñetas desde o Atántico, en agosto, prevén editar Hello monsieur Hulot, a obra na que David Merveille interpreta para a novena arte o personaxe cinematográfico de Jacques Tati nunha historia muda. Canda a isto a editora recunca, con A noite do inca, no traballo de Fabien Vehlmann e Frantz Duchazeau, de quen xa publicara Os cinco narradores de Bagdad.

Pola súa banda, El Patito Editorial adianta o lanzamento da versión galega de 36-39 malos tempos, obra de Carlos Giménez sobre a Guerra Civil.

Estes títulos súmanse aos xa anunciados lanzamentos de Demo Editorial, BD Banda, e Rinoceronte, que tamén están recollidos na mesma reportaxe.