A Asociación Galega de Editores (AGE) acordou outorgarlle a Xesús Couceiro, fundador da LibrarÃa Couceiro, o premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural. Os editores recoñecen o traballo que desenvolveu o premiado a prol da cultura do paÃs, facendo do seu establecemento un referente no campo do libro galego. Ao tempo, a AGE adianta tamén que lle outorgará o premio á edición história a Andavira Editora, nada hai 25 anos como Edicións Tórculo. Os galardóns entregaranse no transcurso da Noite da Edición, que se celebrará o vindeiro 9 de marzo no Hotel Quinta da Auga de Santiago de Compostela e que presentará Iria Pinheiro.