Un recital de luxo

Podes escoitar o "Recital antolóxico da Poesía Galega", dirixido por Blanco Amor en 1956

29/2/2012 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
4 lecturas | Compartido 0 veces
Eduardo Blanco Amor coordinou o "Recital Antolóxico da Poesía Galega dos séculos XII ao XX", que se celebrou en Bos Aires o 24 de xullo de 1956, nos locais do Centro Galego. Contou coa colaboración da Asociación Galega de Universitarios, Estudantes e Artistas. Este documento sonoro excepcional foi o primeiro recital antolóxico da poesía galega. Contou coas voces de Fernando Iglesias "Tacholas", Pilar Lebrón, Lita Soriano, Anita Fontao e Lito López. Agora podes escoitar este volume 15 da colección As Nosas Voces que o Arquivo Sonoro de Galicia editou en 1998.

Universo culturagalega.gal

31/03/2009

Poemas en viva voz

Achegámosche o recital co que o PEN Clube celebrou o Día Mundial da Poesía

Contextos

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares