Desde mañá, 29 de febreiro, e ata o 25 de maio, o Centro Cultural Ágora da Coruña inicia a súa actividade expositiva co proxecto Arde la calle. As fotografías de Miguel Trillo tomadas desde os anos oitenta fan un percorrido por tribos urbanas de todo o mundo. O proxecto cunha especial presenza galega, xa que 20 imaxes inéditas das oitenta que o compoñen están feitas no noso país. De xeito paralelo a exposición, a Ágora acolle unha serie de actividades que inclúen unha máster class co fotógrafo, visitas guiadas, un concerto de Novidades Carminha, proxeccións como a de Quadrophenia, un safari fotográfico ou un fotomatón, entre outras.
Programa de Arde la calle.