A delación e a vixilancia durante a Guerra Civil e a posguerra en Galicia foi todo un fenómeno social que mudou a cultura do país e o xeito de se relacionar da xente. O novo réxime interviu en todas as ordes da vida, configurando un proceso de control eficaz e masivo. O proxecto Nomes e Voces amósanos no especial Vixiados a realidade dun país de desconfianza, silencio e denuncias.
O historiador Emilio Grandío é o autor de Vixiados. Represión, investigación e vixiancia na Galicia da Guerra Civil (1936-1939) e foi responsable do especial que recentemente publicou na rede o proxecto Nomes e voces. Segundo explica, o obxectivo desta investigación non era tanto traballar o qué, senón o como se fai, desde a perspectiva de en qué xeito se monta un sistema de investigación e vixilancia que pon a toda a sociedade baixo sospeita. A vixilancia preséntase como unha prioridade para o réxime franquista desde o primeiro momento. O medo á disidencia, á resistencia armada ou á sabotaxe na retagarda víronse reforzados pola tentativa do novo réxime de borrar totalmente a experiencia democrática anterior e instaurar unha nova realidade cuns valores totalmente diferentes. É fundamental ter vixiada a socidade, só se permite que exista a realidade oficial, sen debate nin diálogo. E para que isto se produza, é necesaria esta vixilancia, cunha participación notable da poboación. Se nun primeiro momento este complexo sistema se pon en marcha co obxectivo de facilitar a vitoria na guerra, o segundo punto é a creación dun novo estado no que se mesturan as cuestións máis tradicionais do conservadurismo coa modernidades das formas do fascismo.
Control social
Unha cuestión que este investigador pon de relevo é que este intenso control social non se exerceu unicamente deste institucións especificamente creadas para isto, como poden ser servizos de intelixencia, policía ou corpos paramilitares. Pola contra, unha boa parte da sociedade viuse involucrada nun sistema de información e de delación. O importante é explicar como é posible que muden os valores e a cultura dunha sociedade deste xeito. Non se trata só de que se estea diante dunha realidade brutal como é a guerra, senón tamén que o novo estado busca mudar estes valores e para isto monta determinadas infraestruturas. Entendíase como positivo que todo o mundo estivese vixiado e non se saíse do rego oficial.
Información que manexaba a DOP atendendo ao número de entradas correspondente a cada petición ou envío de información aos diversos axentes.
Regueiro, R.: "Fichados. Un estudio de caso: o Índice alfabético/onomástico de investigados/informados por la Delegación de Orden Público (A Coruña, 1938), en Grandío Seoane, E.: Vixiados. Represión, investigación e vixiancia na Galicia da Guerra Civil (1936-1939), Laiovento, 2011.
A importancia da participación popular neste sistema é tal que nas estatísticas son informadores e non institución ningunha os promotores iniciais de informes e datos sobre sospeitosos, con 278 casos fronte aos 244 que iniciou a Garda Civil ou os 164 que botou a andar a Dirección de Orde pública. No entanto, e segundo advirte Grandío, a penetración social deste sistema dá en que non se produza unha separación nidia entre as institucións especializadas neste proceso. Non hai unha investigación oficial e unha privada. Mestúrase todo, non existen realidades distintas e o Estado non quere que as haxa. Non hai nada que queira que escape. O privado resulta complicado de manter neste momento. A fronteira co público fica difuminada, ao igual que entre institucións e sociedade, explica este historiador. Unha mostra disto son as formacións irregulares de falanxistas encargadas da represión ou a incorporación de Axentes honorarios aos cadros de persoal das comisarias galegas, onde chegarían a ser con diferenza a maior parte dos efectivos dispoñibles.
Cadro de persoal das comisarías galegas inmediatamente antes das eleccións de febreiro de 1936 e o derradeiro mes dese ano.
Grandío, E.: "A información, o piar do Nuevo Estado. Creación e desenvolvemento dos servicios de vixiancia e investigación en Galiza", Vixiados. Represión, investigación e vixiancia na Galicia da Guerra Civil (1936-1939), Laiovento, 2011.
O privado en causa
Nesta dinámica, tamén as actitudes privadas pasan a ter importancia pública, e feitos como pórlle a un can de nome Trotsky pode motivar unha investigación, tal e como ficou recollido nunha causa conservada no Arquivo Militar de Ferrol.Este caso pareceume o paradigma da vixilancia. Logo hai algunha persoa á que lle dín que está a ser investigado non por facer nada en concreto, senón por ter a posibilidade de o facer, algo que na nosa realidade é un absurdo, sinala. Acontecía tamén coas radios que se escoitaban, cumpría unha censura e o comportamento privado facíase público, nada se podía esconder fora do máis estrito segredo, en pequenos círculos e na clandestinidade, lembra este investigador. De feito, nos motivos que levaron a investigacións durante estes anos, atopamos xustificacións como bo/mal concepto, motivos morais, vida privada ou motivos laborais, aínda que afectando a unha minoría dos casos estudados. Na maior parte dos mesmos, no entanto, é a emisión de informes, sen especificar a razón que levaba a sospeitar de determinada persoa, a que motivaba unha investigación sobre a mesma.
Gráfica que mostra a porcentaxe de cada unha das categorías de investigación da DOP. Regueiro, R.: "Fichados. Un estudio de caso: o Índice alfabético/onomástico de investigados/informados por la Delegación de Orden Público (A Coruña, 1938), en Grandío Seoane, E.: Vixiados. Represión, investigación e vixiancia na Galicia da Guerra Civil (1936-1939), Laiovento, 2011.
Xeitos de participar
A participación dos galegos neste proceso explícase por toda unha serie de factores, que non están necesariamente vencellados á implicación ideolóxica dos suxeitos. A partir de determinado momento, a poboación comeza a se definir para as institucións dividida en afectos, desafectos e indiferentes. E estes últimos, que eran a maior parte da sociedade ,non son neutros, senón que xogan un papel fundamental no mantemento do réxime. O xeito de se integrar nos procesos de denuncias ou información era moi variado. Particípase de moitos xeitos, non é todo en formato espionaxe. O funcionamento deste sistema deu en que practicamente se dese unha actitude vital de cara á colaboración con este sistema de control. A diferenza de casos como a Alemaña nazi, Grandío apunta que alí o Estado estaba máis integrado coa sociedade, mentres que en Galicia practicamente non chegaba a algunhas zonas e ollábase como algo distanciado da sociedade maioritaria.
Razóns
En canto ás razóns que levaron a que moitos galegos apoiasen dalgún xeito esta maquinaria, Grandío apunta que hai un pouco de todo. Desde os que comulgaban coa nova ideoloxía dominante ata os que denunciaban ou informaban por problemas profesionais, a procurar a propia supervivencia ou directamente por antipatías ou cuestións puramente persoais. Dáse unha amalgama de todo, non é só unha única motivación advirte. Hai unha serie de motivacións e de incentivos que provocan que, pouco a pouco, se entendese que isto cumpría determinados obxectivos que a sociedade, ou parte da mesma quería, xa fosen de profesión, grupais ou de cartos.
Lonxe de destacar casos concretos, Grandío salienta que todos viviron de xeito moi dramático o proceso represivo, o sentirse vixiados e a sensación de non ter dereitos nin garantías. Mesmo xente que non aparece nos papeis ou os indiferentes viviron este clima opresivo, conclúe. Os que queiran coñecer máis desta parte da nosa historia, poden acceder no especial de Nomes e voces a testemuños orais, documentos e máis información á súa disposición.

Galería: Documentos da vixilancia
Causa militar. Proxecto Nomes e Voces, Fondo Causas Terra 5030
Petición dun informe de conduta do ano 1939
Proxecto "Nomes e Voces", Fondo Nores Soliño 5051
Anónimo, 1936 (?)
Proxecto Nomes e Voces, Fondo García Ferrera 2402
Recibo dunha multa por desafección ao movemento nacional, 1937
Proxecto "Nomes e Voces", Fondo Fraguela Rodríguez 2243
Cédula persoal de Palmira Otero
Proxecto "Nomes e Voces", Fondo Villaverde Otero 2185