As galerÃas galegas que acudiron ás recentes feira de arte madrileñas (ARCO e Art Madrid) quedaron en xeral contentas co resultado da súa experiencia.
Por exemplo, desde a viguesa Ad Hoc sinalan "a falta de moitos coleccionisas habituais e algúns que foron non tiña intención de comprar", e recoñecen que foi unha edición "rara". No entanto salientan que a nivel de vendas o nivel acadado foi semellante ao de anos anteriores e mesmo superior ás expectativas de partida. Pola súa banda, desde a GalerÃa Metro sinala que non valoran a súa presenza en Art Madrid en termos económicos, "alo menos inmediatos, senon en a capacidade de promocionar, difundir e facer que se vexa fora de Galicia e por un público moi amplo, a obra dos nosos artistas". O traballo de Suso Basterrechea que expuñan no seu posto conseguiu moi boas crÃticas dos asistentes, "neste senso para nos foi todo un éxito".
Tamén en Art Next, en Art Madrid "o resultado foi aceptable en canto a vendas", aÃnda que sinalan que sempre nun rango de prezos inferior aos 3.500 euros. Salientan no entanto a satisfacción a nivel de público xa que o seu espazo foi dos máis visitados do evento. A coincidir con outros galeristas consultados, apuntan que malia ao número de visitantes o investimento e arte foi baixo neste evento, e salientan a ausencia de apoio institucional na feira". No mesmo sentido se manifestan desde Moret Art, onde sinala que superaron as previsións de vendas e valora especialmente "o feedback que recibimos tanto dos profesionais do sector, do público xeral, como dos coleccionistas".
Pola banda da galerÃa SCQ, a presentación do traballo do portugués Rui Chafes no seu posto obtivo o premio da Asociación Española de CrÃticos de Arte como autor da mellor obras de conxunto dun artista vivo na feira.
A nivel de adquisicións, a Fundación Barrié incorporou nestes eventos sete novas obras dos galegos Jorge Perianes e Diego Santomé, os españoles Alain Urrutia e Carlos Irijalba e mais o alemán Tobias Lehner. O Centro Galego de Arte Contemporánea, pola súa banda, investiu 100.000 euros en 17 pezas de autores como Carme Nogueira, Rubén Grilo, Iñaki GarmendÃa, Javier Peñafiel, Raimond Chaves, Gilda Montilla ou Donna Conlon entre outros.