A Cidade da Cultura acolle hoxe a xornada de homenaxe coa que a ConsellarÃa de Cultura conmemora o décimo cabodano de Camilo José Cela. Na presentación do acto, o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, apuntou que Cela está “entre os grandes protagonistas da nosa cultura (...) E digo “da nosa cultura” nun auditorio tan plural como este porque Cela e a obra celiana forman parte, ao mesmo tempo, da cultura iriense, coruñesa, galega, española e universal".
O encontro, que continúa ao longo de todo o dÃa de hoxe, continúa con relatorios sobre as adaptacións cinematográficas das súas obras, o seu estilo narrativo e presentarase a obra "Camilo José Cela- Antonio Vilanova: correspondencia".