Como fai cada ano, o PEN Clube Galicia acaba de dar a coñecer os premios cos que recoñece o traballo de escritores nas linguas peninsulares alén do galego. Na selección deste ano destaca o galardón ao narrador portugués José Viale Moutinho, a quen acompañan a ensaÃsta arxentina MarÃa Esther Vázquez, o poeta catalán Enric Cassases e a autora vasca de literatura infantil e xuvenil Miren Agur Meabe.