A iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega chamando a celebrar o DÃa de RosalÃa e a agallar no mesmo un libro e unha flor está a colleitar apoios por todo o paÃs. O BNG e mais A Mesa pola normalización anunciaron xa o seu apoio á iniciativa, que conta cun blog dedicado á data. Entre outras propostas, anúncianse a celebración de lecturas públicas da obra da autora no Panteón de Galegos Ilustres, en Compostela, no Liceo de Ourense, na GalerÃa Sargadelos de Ferrol, no IES Lucus Augusti de Lugo, no Kiosko Afonso da Coruña ou no Marco de Vigo, entre outros espazos.
A coincidir con esta data están a se coñecer as denuncias de varios patróns da Fundación RosalÃa sobre a situación financeira desta entidade, segundo recolle hoxe La Voz de Galicia. Segundo eles, a Fundación ten débedas importantes tanto con construtores como con avogados. Este sector do padroado critica duramente a xestión de Helena Villar á fronte da entidade e o salario que, segundo eles, recibe a presidenta.