Xigantes ou ananos? Celso Emilio e o debate sobre a emigración galega é o tÃtulo do encontro que se desenvolverá o vindeiro 24 de maio na sede do Consello da Cultura Galega en Compostela. A xornada, coordinada Xosé Manoel Núñez Seixas, analizará, en tres relatorios e unha mesa redonda, se o debate encol da emigración galega no que se involucrou Celso Emilio co seu Viaxe ao paÃs dos ananos continúa a estar vixente, e en qué termos.
O encontro intégrase nos actos programados para conmemorar o Ano Celso Emilio Ferreiro. Tal e como adiantou o pasado venres a ConsellarÃa de Cultura, canda a este encontro está previsto que o Pen Clube galego lle dedique ao autor a xornada do DÃa de PoesÃa, 21 de marzo. Tamén a Real Academia participará na efeméride coa celebración dun plenario extraordinario en Celanova, previsto para setembro. En abril, a Cidade da Cultura acollerá unha sesión do ciclo Ceo das Letras centrada no celanovés, e prevese a realización de dous eventos poético-musicais con textos do autor, entre outras iniciativas xa adiantadas.