A Asociación de Escritores chama a participar no Día de Rosalía

O vindeiro 24 de febreiro celébranse os 175 anos do nacemento da autora

A coincidir coa celebración o vindeiro 24 de febreiro dos 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro, a Asociación de Escritores en Lingua Galega acaba de publicar un comunicado no que chama á sociedade a participar na celebración. No seu texto, a AELG lembra que a celebración está oficalmente recollida e anima á xente a agasallar libros e flores esta ocasión. Os escritores anuncian que celebrarán lecturas públicas da poeta en prazas de vilas e cidades. Ademais, chaman aos concellos a que inclúan o Día de Rosalía nas súas programacións culturais.

Ligazóns