Funciona o hórreo como método de preservación do millo? AÃnda que a pregunta, despois de centos de anos de uso en todas as aldeas de Galicia soe a perogrullo, ten o seu aquel. Un equipo do CSIC dirixido por Pedro Revilla avaliou que tal se comporta o hórreo en comparación coas técnicas novas de conservación do gran, como a conxelación ou os sistemas de secado forazdo. Os cientÃficos do CSIC constataron "que o horreo é un método válido", aÃnda hoxe, "para a preservación e procesado do millo", aÃnda que chaman a atención sobre os problemas de calidade e seguridade alimentaria. En xeral, os cientÃficos recomendan complementar o método do hórreo con algún tratamento poscolleita, como o "secado forzado", para mellorar a súa calidade.
En Galicia prántase unhas 80.000 hectáreas de millo e o hórreo continúa a ser unha importante parte do proceso de preservación do cereal. O Grupo de Xenética e Mellora do Millo da Misión Biolóxica de Galicia levou a cabo o estudo para axudar a frear o "progresivo abandono do cultivo tradicional de millo galego para que se favoreza a modernización das estruturas agrarias e facelo economicamente rendible".