A terceira edición do Mufest chega a Compostela

O CGAC amosará o cinema feito por mulleres entre o 22 e o 25 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Cartel do III Mufest

Cartel do III Mufest

Un ano máis o Centro Galego de Arte Contemporánea acolle o Mufest, festival de cine feito por mulleres que organiza a revista Andaina. A iniciativa programa desta volta trece filmes e contará coa presenza de directoras como a inglesa Deborah Haywood ou María Victoria Martins, que abordará desde unha perspectiva feminina a pegada do franquismo no noso país. Tamén haberá unha charla sobre a directoras portuguesas a cargo de Ana Caterina Pereira. No feche do evento, o día 25, entregaranse os premios do festival, que serán de mil euros para as categorías de Ficción, Documental e Animación. Tamén haberá unha Mención Especial para a Mellor Obra Orixinal en Galego.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Mulleres, Animación, Documental...