A Asociación de Escritores en Lingua Galega celebrou o pasado sábado a súa asemblea xeral, na que confirmou a Homenaxe Os Bos e Xenerosos a Francisco Carballo e o nomeamento de José LuÃs Sampedro como Escritor Galego Universal. Canda a isto, os membros da Asociación acordaron dedicarlle a homenaxe ao escritor na súa terra deste ano a Xavier RodrÃguez Baixeras. O acto celebrarse o vindeiro mes de xuño en Ribadeo. Ao tempo, o premio da Asociación para institucións vai desta volta para os Equipos de Normalización LingüÃstica dos centros de ensino e mais aos Servizos de Normalización LingüÃstica dos concellos, que o recibirán no transcurso da vindeira Cea das Letras, o 5 e maio.
Canda a isto, o colectivo anuncia a vindeira celebración dos V Encontros Cidade da Coruña e a continuación do traballo de dixitalización de fondos dos seus socios e de gravacións dos mesmos. Para o 24 de febreiro a lectura dun manifesto en diferentes cidades conmemorará o DÃa de RosalÃa. Asimesmo, a asociación acordou iniciar unha recollida de sinaturas para reivindicar o nome de Curros EnrÃquez para a vindeira estación de ferrocarril de Ourense.