O feche do Museo Liste mobiliza a cultura viguesa

As fundacións Penzol e Laxeiro, o Instituto de Estudos Vigueses e diversos persoeiros lamentan a situación

O feche o pasado marte do Museo Etnográfico Liste pola retirada de apoio do Concello de Vigo, está a mobilizar a cultura viguesa. Tal e como recolle hoxe Atlántico Diario institucións como as fundacións Penzol e Laxeiro, o Instituto de Estudos Vigueses e persoeiros como Rodrigo Romaní, Bieito Ledo ou Manuel Bragado lamentan a situación e reclaman a recuperación do proxecto. O incumprimento do compromiso municipal de achegar 96.000 euros ao museo entre 2011 e 2012 provocou que o pasado martes o centro fechas as súas portas. Segundo sinala El Mundo, unha errata na transcrición dos orzamentos provocou que esa contía ficase en só 6.000 euros.

Pola súa banda o pasado 31 de xaneiro, o rexedor vigués, Abel Caballero, anunciou que está a tramitar unha partida de 40.000 euros coa que pretende permitir a apertura do centro.