Os datos da Federación de Gremios de Editores de España sobre os tÃtulos rexistrados na Axencia Española do ISBN revelan un descenso nas cifras da edición galega. Deste xeito, no noso paÃs editáronse en 2011 un total de 2.996 obras, o que supón o 2,9% do conxunto do Estado. Fronte a isto, os datos de 2010 cifran en 4.754 os tÃtulos editados en Galicia, o que suporÃa un descenso de 1.700 tÃtulos que, ademais, crebarÃa a tendencia crecente dos últimos anos. De xeito paralelo, as 1.855 obras que saÃron editadas na nosa lingua supoñen tamén un descenso fronte ás 2.544 do ano anterior, segundo os datos achegados polo Ministerio de Cultura a partir do mesmo rexistro.