Santiago reafirma a aposta polas artes escénicas na súa programación semestral

A zona C ábrese a programación de espectáculos escénicos innovadores

Estreas, reposicións de espectáculos que xa estiveron en Santiago con grande éxito de público e figuras de primeiro nivel no panorama estatal. Estes son os ingredientes da programación para o primeiro semestre do ano do concello de Santiago. O concelleiro, Ángel Currás, e o director-xerente, Víctor Carou, presentaron o calendario escénico que inclúe compañías xa coñecidas como Teatro de la Abadía ou Illana, ao lado de formacións galegas como Mofa e Befa (Shakespeare para ignorantes), Chévere (que ofrecerá o seu Citizen Completo) ou Sarabela (Tango). A programación este ano inclúe tamén a danza, que antes contaba cun apartado propio, e un cambio de rumbo en canto á Zona C.

A última produción de Teatro do Atlántico, E.R. Algún día traballaremos xuntas, abre a programación das artes escénicas do concello de Santiago para este semestre. Unha cita co teatro de autor e de actores, que servirá para por en escena unha obra sobre as persoas, sobre os dramas familiares, as paixóns, as frustacións e a maneira de catro mulleres de afrontar as dificultades da vida. Canda esta produción Muller morta camiñando abre unha nova etapa na zona C. O espazo expositivo ábrese asía proxectos de produción escénica. “Serán montaxes de carácter innovador e experimental” explicou Víctor Carou, director-xerente do Auditorio, na presentación desta montaxe. Como obra innovadora, non empregará nin luces e a iluminación do escenario levarase a cabo mediante candeas. “Non se trata de ofrecer unha proposta estrana, que non se entenda, senón de algo sinxelo pero que se ofrecerá dunha forma diferente ao que o público está acostumado” explica Carlos Álvarez-Ossorio, director desta proposta que parte da novela “O idiota” de Dostoievski.

Polo demais, a programación, que o concelleiro definiu como ambiciosa, inclúe desde compañías non galegas como Rafael Álvarez “El brujo”, que ofrece El testigo ou Concha Rodriguez con Catering, Teatro de la Abadía ou Illana, ao lado de formacións galegas como Mofa e Befa (Shakespeare para ignorantes), Chévere (que ofrecerá o seu Citizen Completo) ou Sarabela (Tango).

Danza de corte contemporánea
A programación incorpora este ano a danza no marco da programación xeral, antes gozaba dun apartado propio, e programa o espectáculo de creación contemporánea D Loira ou NYA, ballet contemporáneo de Arxel, nunha coprodución do Instituto Francés,IRC, e a Algerian Agency for Cultural Broadcast.

Ademais, para facilitar ao público conseguir entrada, desde a concellaría de Santiago acaban de anunciar, ademais da venta telemática, a apertura continuada do despacho de billetes do Teatro Principal de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas.