Shakespeare acapara o cartel da XII Mostra de Teatro Clásico de Lugo

A cita terá lugar no Auditorio Gustavo Freire do 5 ao 14 de febreiro

Detalle do cartel
Detalle do cartel
O vindeiro 5 de febreiro arrinca unha nova edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo. Un ciclo que este ano está marcado polo peso destacado no cartel da influencia do dramaturo inglés William Shakespeare. Tres das cinco obras programadas son adaptacións ou versións das súas obras. Arrinca a cita co Macbeth, nunha versión de Ana Pimenta, despois unha adaptación cómica do dúo Mofa e Befa que presentan o seu Shakespeare para Ignorantes e, por último, Sarabela Teatro leva a escena a obra de Álvaro Cunqueiro, O incerto señor don Hamlet, moi influído polo texto do dramaturgo inglés. Completa o programa, Nao D’amores Auto de la Sibila Casandra e a versión de Eduardo Galán de La Celestina. Todas as funcións terán lugar no Auditorio Gustavo Freire.

A propósito de Shakespeare

A propósito de Shakespeare

Domingo 5 de febreiro / 20:30 h.UR TEATRO presenta MACBETH DE WILLIAM SHAKESPEARE en Versión de Helena Pimenta

Producións Excéntricas. Mofa&Befa.Shakespeare para ignorantes.

Producións Excéntricas. Mofa&Befa.Shakespeare para ignorantes.

Luns 6 de febreiro / 20:30 h.

Secuencia 3 La Celestina de Fernando de Rojas. Versión de Eduardo Galán

Secuencia 3 La Celestina de Fernando de Rojas. Versión de Eduardo Galán

Mércores 8 de febreiro (20:30 h)

Sarabela Teatro. O incerto señor don Hamlet de Álvaro Cunqueiro.

Sarabela Teatro. O incerto señor don Hamlet de Álvaro Cunqueiro.

Xoves 9 de febreiro / 20:30 h.

Nao D'Amores. Auto de la Sibila Casandra. Versión de Ana Zamora.

Nao D'Amores. Auto de la Sibila Casandra. Versión de Ana Zamora.

Martes 14 de febreiro / 20:30 h.