Habitar nos soños

Unha exposición achégase criticamente ao modelo construtivo actual

| Santiago. Redacción | Seccións: ArquitecturaExposicións
Compartir:
Fonte: COAG

Fonte: COAG

Ter unha vivenda en propiedade: este é o soño da sociedade actual. Un desexo que na opinión das arquitectas Ana Amado, Marta Marcos e Luz Paz deu lugar un modelo social baseado na produción indiscriminada de vivendas nada dimensionadas nin coa situación económica de cada famlia nin coa contorna. Por iso, estas tres arquitectas, integrantes do colectivo Cadelasverdes, decidiron facer unha mostra que propuxese unha reflexión crítica sobre a situacion. O resultado chamase Spanish dream e pode verse na Casa da Conga ata o 10 de febreiro.

Fonte: COAG
1/6
Fonte: COAG
2/6
Fonte: COAG
3/6
Luz Faz, Ana Amado e Marta Martos (de esquerda a dereita) conforman o colectivo Cadelasverdes
4/6
Fonte: COAG
5/6
O final do soño
6/6

A exposición, que está aberta na Casa da Conga ata o 10 de febreiro, leva alude ao emocional, á parte sentimental dese desexo. De tal xeito, pódense ver desde escenas familiares en espazos de obras sen rematar cun aspecto pouco doméstico. De tal xeito, o proxecto invita a reflexionar sobre unha sociedade que, arrastrada polo afán de converterse en propietaria, esqueceu o verdadeiro sentido do habita e deixou unha paisaxe chea de ruínas arquitectónicas prematuras, de edificacións a medio construír que se abandonan antes de chegar a ser.

Esta proposta arquitectónica e fotográfica presentouse no marco do MACC, mercado atlántico de creación contemporánea.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Atlántico, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)