Lembrar os 50 anos de celebración do DÃa das Letras Galegas será un dos eixes que vai desenvolver neste 2012 a Real Academia. Deste xeito, a institución anunciou o pasado sábado que prevé realizar un acto no que se reúnan os alcaldes dos concellos onde se celebraron homenaxes ao longo deste tempo. Ademais, e segundo adiantou Xosé LuÃs Axeitos, secretario da institución, está previsto a edición de folletos e libros e mais a celebración de eventos musicais por todo o paÃs. Axeitos sinalou que esta celebración se constituÃu, desde o seu nacemento "no mecanismo normalizador máis importante da nosa cultura". Pola súa banda, o presidente da entidade, Xosé LuÃs Méndez FerrÃn, sinalou que este dÃa é a "maior celebración cultural de Europa" en canto a participación popular.
A coincidir coa presentación deste evento, déronse a coñecer as novas incorporacións á institución. Ana Isabel Boullón Agrelo, Xosé Henrique Costas González, Gonzalo Navaza Blanco e Antón Palacio Sánchez son os novos académicos correspondentes, que, segundo adiantou o secretario da RAG, "están chamados a desenvolver un importante traballo no ámbito da gramática, a lexicografÃa, a onomástica, a literatura e a historia". Ao tempo, nomeouse académica de honra a Giulia Lanciani, catedrática de lingua e literatura portuguesa pola Universidade de Roma e unha das máis destacadas estudosas do noso corpus lÃrico medieval.