Cons e Montes publican o compilatorio da serie Whispers in the walls

Humanoids edita en Estados Unidos o volume o vindeiro mes de febreiro

Capa do volume <i>Whispers in the walls</i>
Capa do volume Whispers in the walls
Logo da publicación seriada de Whispers in the walls, versión estadounidense da obra A mansións dos murmurios, a editora Humanoids edita agora un volume que recolle todo o material do proxecto en inglés. Co pontevedrés Tirso Cons no debuxo e o coruñés Javi Montes á cor, a obra conta con 184 páxinas a cor e sae á venda o vindeiro 15 de febreiro por 19.95 dólares. Ademais, inclúe material extra e unha introdución de Juan Díaz Canales. A obra xa conta con edicións en Francia, Alemaña e España, e o primeiro volume está tamén dispoñible en galego.