Ao longo do último ano están a se multiplicar as iniciativas culturais do paÃs que apostan polo financiamento en masa, ou crowdfunding, como vÃa para conseguir fondos. Malia a que a proposta de solicitar apoio ao público non é nova, a aparición de plataformas na rede especificamente orientadas a este fin facilita o desenvolvemento de iniciativas e está a popularizar este xeito de funcionamento. No entanto, existen tamén crÃticas a este xeito de traballo.
O novo disco dos Cempés, a obra Miniaturas, Oiseau Rebelle, ou a campaña Vitaminas para o galego teñen en común o feito de terse financiado en base a pequenas achegas individuais mediante o crowdfunding. AÃnda que hai varias plataformas web que serven a este obxectivo, algunhas delas especializadas en iniciativas de carácter ecolóxico ou social ou outras que se vencellan á achega de recursos e traballo para alén das contribución económica, semella que a que está a ter máis éxito no campo cultural galego é Verkami.org. De xeito semellante a outras plataformas deste tipo, os participantes presentan no web o seu proxecto e dispoñen nun espazo para achegar novas, vÃdeos, comentar a evolución do mesmo ou contactar cos seus donantes e responder as súas dúbidas. Aberto o prazo para conseguir achegar, teñen 40 dÃas para lograr os seus obxectivos financeiros. Se pasado este tempo houbo xente abonda que se comprometeu a colaborar, as doazóns fanse efectivas e a plataforma cobra unha comisión sobre o total. En caso contrario, os cartos non mudan de mans. Como se pode ver, o crowdfunding presenta diferenzas coas doazóns convencionais e mais coa participación como socio nunha iniciativa. Fronte ás primeiras, este modelo garante unha contrapartida, só que se dá en especie e é proporcional á doazón achegada. Fronte ao segundo, supón unha participación puntual e, ao tempo que non esixe unha maior implicación no tempo tampouco permite a toma de decisións sobre a iniciativa correspondente.
A crise
Os problemas económicos están detrás de boa parte das propostas que no noso paÃs teñen optado polo crowdfunding. En concreto, nos casos de Funboa Escénica e Teatro Ensalle, son os atrasos nos pagos das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais os que os levaron a solicitar a colaboración do público. Segundo explica Pedro Fresneda, do Ensalle, que conseguiu fondos para desenvolver a súa obra Miniaturas, “se fai falla falar destas cousas é porque a Xunta a dÃa de hoxe nos debe 62.000 euros das axudas de 2011, que están sen pagar. Tiñamos as datas fechadas para unha xira por América e precisábamos fondos”. De xeito semellante, en Funboa, Cristina Balboa sinala que “non nos deron axudas en AGADIC e precisábamos pagar o son, que facÃa un colaborador externo á compañÃa” e rematar a súa obra Oiseau Rebelle. No caso dos Cempés, foi o retorno á actividade logo de tres anos de parón os que tiña o grupo sen fondos para abordar unha nova gravación. En todos os casos coñeceron este tipo de iniciativas por amigos e coñecidos, aÃnda que nalgúns casos xa tiñan idea ou experiencia en buscar apoios económicos privados. Deste xeito, o Teatro Ensalle conta cunha Asociación de Amigos que colaboran no mantemento da sala, e os Cempés desde un primeiro momento pensaron en acudir aos seus seguidores para desenvolver o proxecto. “O primeiro no que pensamos foi na subscrición popular, non habÃa outro xeito de conseguir un peso. Logo alguén nos falou de que existÃa este tipo de webs", lembra Óscar Fernández.
O factor novidade
Tanto os Cempés como Funboa apuntan que o seu éxito neste campo pode ter que ver co feito de seren case pioneiros na iniciativa. “No noso caso a xente coñecÃa poucas cousas polo estilo”, lembra Fernández. Pola súa banda, Balboa apunta que “Ao ser algo descoñecido tivemos sorte e conseguimos o obxectivo moi rápido. Agora xa se fai máis difÃcil conseguir financiamento”. E menta o caso do proxecto Unpack que ten en marcha o laboratorio artÃstico Alg-a, e que propón rutas interactivas nun coche aplicado con sensores. A 23 dÃas de finar o prazo, só contan con 80 euros do 4.000 que solicitan.
Vantaxes
Óscar Fernández glosa as vantaxes que lle ve a este xeito de traballo. “Paréceme un sistema moi xusto. Xa antes de que se realice a obra contas con toda a forza da xente. A nós un disco lévanos tres meses de gravación e contar con ese ánimo é unha vantaxe para o músico e o artista”, apunta. Para alén das vantaxes emocionais, considera que este proxecto evidencia as necesidades económicas que están detrás da cultura. “Isto fai que a xente se decate que cousas como un disco non saen da nada e que cómpre un investimento por parte dos grupos. Dáselles valor aos proxectos, e mesmo facer un seguimento de como vai evolucionando e sentir a ansiedade que tamén sinten os artistas fai máis popular e compartido o traballo”.
CrÃtica
Malia a ter apostado polo crowdfunding, desde o Teatro Ensalle non consideran que a fórmula sexa unha alternativa real ao financiamento para a cultura. “Non é un sistema, é un parche. Non teño nada en contra, pero penso que é un parche que quere suplir un dereito constitucional como é a axuda pública para que haxa unha cultura sana”, explica Fresneda. “É un paso máis cara ao liberalismo económico, pedirlle á xente que pague de novo por algo que xa está a pagar, en teorÃa, cos seus impostos. Non é algo que poida funcionar a longo prazo, sistematizar a entrada privada de cartos na cultura é sistematizar o neoliberalismo, e iso leva ao espectáculo e non á cultura”. Este membro do teatro lembra ademais que non todo o mundo ten as mesmas posibilidades á hora de buscar recursos privados, e que iso pode provocar desequilibrios que afectarán de xeito favorable aos proxectos máis grandes, e considera que as polÃticas públicas culturais poden ter un efecto de equilibrio neste panorama. “O teatro Häagen Dazs de Madrid pode chegar con moitas máis facilidade á xente do que nós, e isto pode levar a que os que máis teñen teñan máis aÃnda”.
Antecedentes
Vaia por diante que o fenómeno non é novo. Son coñecidas de vello as orixinais campañas que artellaba o portal Fillos.org para financiar o seu proxecto. Iniciativas como a Parcelaria Virtual pola Cultura Galega, na que por cada doazón se podÃa dispor dun espazo nun mapa de Galicia para inserir ligazóns, e que conseguiu recadar, ata o momento, algo máis de 14.000 euros en cinco anos. De xeito semellante apostou mesmo pola creación dunha moeda virtual, os Galeuros.
Os medios
Fóra de plataformas, atopamos tamén nos últimos meses que a aposta por colleitar pequenas achegar particulares está a ser unha fórmula seguida por diferentes medios. Hai poucos dÃas a iniciativa Vitaminas para o galego conseguÃa superar amplamente os seus obxetivos recadatorios en Verkami. Para alén de achegar directamente fondos aos medios participantes, o proxecto quere desenvolver accións promocionais sobre a necesidade de contar con medios de comunicación na nosa lingua e editar e vender material promocional para conseguir aÃnda máis fondos que faciliten a viabilidade dos participantes. Dentro deste proxecto atopamos, entre outros, os proxectos Praza Pública, por exemplo, empregan diferentes modalides de achegas para se desenvolver. AsÃ, para alén participar nesta campaña, permite por unha banda participar no órgano de goberno da fundación xestionará o medio ou ben no consello asesor do mesmo, segundo a cantidade. Ademais, os participantes recibirán na casa versións impresas (libros e folletos) con contidos do xornal e merchandising. Como novidade, aposta por unha moeda virtual, o patacón, que se poderá empregar nunha rede de establecementos colaboradores.
Vida fora de Verkami
As plataformas web non son as únicas canles que fan pensar nun afianzamento da cultura baseada en achegas particulares no noso paÃs. Fóra delas hai diferentes proxectos que apostan por esta posta en común de recurso financeiros. A dar un paso mais neste camiño, o colectivo Sinsalaudio presentaba, no pasado Culturgal, Consal, unha plataforma que busca conseguir recursos para o desenvolvemento de proxectos culturais na que se inclúen elementos de crowdsourcing, crowdfunding e mecenado. Para alén do conseguir recursos para a propia actividade do colectivo, o proxecto preséntase como unha plataforma que quere facilitar o traballo de propostas en principio alleas ao mesmo. Pola súa banda, outra proposta de medio en galego, Sermos Galiza optou por chamar á sociedade para adquirir accións por valor de 300.000 euros e a se subscribir ao proxecto, nunha liña que xa desenvolvera no seu dÃa o extinto semanario A Nosa Terra. E non podemos esquecer outro caso salientable polo seu éxito como é a iniciativa Galiza co Galego, que reuniu máis de 3.000 apoios, que achegaron entre 100 e 200 euros, para conformar unha rede de escolas na nosa lingua. Sen ser estrictamente exemplos de crowdfunding, podemos ver que as iniciativas que chaman á sociedade a se implicar economicamente a prol da cultura son cada vez máis. Outro exemplo é o proxecto do filme pornográfico en galego O divino ferrete busca financiamento mediante doazóns particulares e a venda de mercadotecnia, ao igual que outros proxectos xurdidos de Galego Lab. Por non mencionar a recente posta en marcha de WeCoop, unha plataforma para pór en común recursos no campo do audiovisual. As vÃas son moitas, e de certo hemos ver aÃnda novidades neste campo.