A que semella unha tendencia en crecemento no panorama cultural galego, o crowdfunding, esixe tamén unha preparación e un duro traballo de desenvolvemento dos proxectos. Os promotores dalgúns dos proxectos galegos que apostaron con éxito por este xeito de financiamento explÃcannos os trucos para optimizar a colecta.
Escolle plataforma: Existen propostas diferentes na rede, desde plataformas centradas en proxectos de ciencia e tecnoloxÃa, aquelas que para alén de cartos tamén prevén a achega de recursos, as que ofertan servizos de comercio engadido ou as que están centradas en propostas empresariais.
Pensa no mecenas: Hai que se por no lugar de quen vai dar os cartos, valorar canto pode estar disposto a achegar, qué tipos de proxectos son máis do seu interese, qué recompensas pode valorar máis e mesmo canto tempo lle pode querer dedicar a se informar sobre o proxecto. Todo vai depender del, asà que mellor comprendelo.
Innova: Varios dos proxectos galegos que conseguiron os seus obxectivos no crowdfunding consideran que o feito de seren pioneiros tivo un peso importante no seu éxito. É previsible que cada vez máis iniciativas recorran a este tipo de financiamento, e que ese factor de novidade desapareza. Cómpre entón pensar en propostas innovadoras que consigan ilusionar a uns mecenas que terán opcións de sobar onde escoller á hora de achegar os seus cartos.
Oferta boas recompensas: A oferta dos Cempés de agasallar con varios quilos de percebes, e mesmo cociñalos, causou sensación en Galicia, e a iniciativa de Vitaminas para o Galego segue este ronsel con máis marisco para os seus doadores. Pero non se trata só de dar produtos en troco á colaboración económica. Segundo explica Óscar Fernández, deste grupo musical, “teñen que ser prpostas orixinais e achegar algo máis do que o material, deben chegar dentro. Un CD feito por un grupo que che gusta xa é algo máis que un anaco de plástico”. Coincide con el Cristina Balboa, de Funboa Escénica. “Tes que ofertar algo que a xente vexa que lle compensa. É dicir, que se vai pagar nove euros por ver un espectáculo, por quince ten a entrada, un cartel e aparece como mecenas. Nós fixemos camisetas de edición limitada e funcionou ben”. No caso dos Cempés, á hora de pensar nos agasallaos, “cada un achegou o que podÃa. Como grupo podiamos pór exemplares do disco, convites para concertos e a posibilidade facer un concerto privado. E xurdiu o dos percebes como produto estrela que o noso compañeiro Serxio Ces colle cando o mar llo permite. Comparando con outros proxectos debemos ser dos grupos máis xenerosos en cantidade de discos e convites nas recompensas”.
Explica ben o que queres facer: “Tes que dar unha explicación o máis detallada posible do que vas facer cos cartos. Ao final, están a che dar diñeiro para algo que aÃnda non existe, e tes que te convencer do proxecto e transmitir ese convencemento”, lembra Óscar Fernández. A elaboración e explicación da iniciativa pode supor a diferenza entre un éxito e un fracaso. Cristina Fernández recoñece que “elaborar o proxecto levou moito tempo. Fixémolo en tres idiomas e tentamos explicar todo moi ben”.
Move o teu proxecto: “Se non difundes o proxecto, ninguén vai entrar directamente en Verkami para velo e pór cartos na iniciativa dun descoñecido”, sinala Cristina Balboa. “Hai moito de estratexias de boca a boca, mailing, contactar con amigos de amigos e emprego de redes sociais. Non se pode perder un segundo porque só son 40 dÃas, e pode supor máis traballo do que acabas gañando. Nós estábamos todos os dÃas publicando vÃdeos parodiándonos e facendo humor coa idea de que non tiñamos cartos”. Tamén nos Cempés recoñecen a importancia da imaxe “cómpre promocionar o proxecto, que a xente che poida ver e escoitar, que a xente que vai dar cartos vexa a cara de quen os pide”.
Existe fóra do proxecto: Os creadores consultados coinciden en que é máis sinxelo conseguir apoios tendo unha traxectoria de traballo previa. No caso dos Cempés teñen claro que “o grupo en si era un valor. Levamos vinte anos tocando e son moitos seguidores e moita xente á que, logo de tres anos sen tocar, tiñan gana de ver un novo disco”. Desde Funboa advirten que “a maior parte das achegas veu pola banda de xente achegada, amigos, coñecidos e persoas que valoran o noso traballo. Que aparezan mecenas que descoñezan a compañÃa é complicado”. Do mesmo xeito, Pedro Fresneda, do teatro Ensalle, salienta que “levamos moitos anos traballando e en Verkami foi todo moi rápido. Levamos oito anos como sala e dezaseis como compañÃa, e o público sabe o que facemos. AÃnda que poida parecer raro, a xente enorgullécese de que unha compañÃa da súa cidade faga unha produción que pode ir a México, Arxentina ou por toda España, do mesmo xeito que hai xente que é dun equipo de fútbol e o apoia”.
Valora ata onde podes chegar: AÃnda que pode xurdir a tentación de conseguir que o mecenado cubra a totalidade do custo proxecto, cómpre ver tamén ata onde poden chegar as contribucións da xente. “Apostamos por pedir poucos cartos. Realmente precisabamos algo máis, pero preferimos asegurar eses mil euriños que nos cumprÃan para ultimar a produción.”, explican desde Funboa. Os Cempés, máis ambiciosos, fixaron o seu obxectivo en 5.500 euros, que tampouco son abondos para cubrir a gravación e edición do novo disco. “Era un mÃnimo imprescindible, e non queriamos chegar á barreira psicológica dos 6.000 que aÃnda a todo o mundo lle soa a un millón de pesetas. Realmente precisabamos 10.000”, e finalmente non quedaron moi lonxe, xa que obtiveron 9.775 euros. De xeito semellante, tamén desde o Teatro Ensalle apostaron polo crowdfunding só como un complemento para cubrir as súas necesidades financeiras.
Pensa, debate e asesórate: Coñecer proxectos anteriores, documentarse e consultar cos propios responsables de páxinas de crowdfunding é unha base fundamental para iniciar un proxecto deste tipo. “Tivemos que pensar e discutir moito como o Ãamos facer”, explica Óscar Fernández. “A xente de Verkami axudounos moito, saben como funciona isto”.
Comparte: Para alén de conseguir os fondos, é bo manter informado a mecenas e público en xeral da evolución do proxecto, de xeito que a información non remate no momento no que se conseguen os obxectivos. Blogs e redes sociais permiten un seguimento que pode animar a moita xente a contribuÃr de cara ao futuro ou simplemente a mercar o teu produto ou acudir ao teu espectáculo.