O pasado ano a celebración do DÃa das Letras dedicado Lois Pereiro amosou toda unha serie de orixinais iniciativas á hora de se achegar á obra, o autor e o seu contexto. A música, o audiovisual, as artes escénicas e a creación literaria, para alén do ensaio deron conta da súa fitura. Ao par do autor, a celebración deu para facer análise da Galicia da Movida, do malditismo, ou da propia figura do poeta. En 2012, Paz Andrade preséntase, de xeito inevitable, como un homenaxeado ao que lle tocarán outro tipo de honras e de abordaxes. Analizamos algunhas das aproximacións que posiblemente veremos ao longo deste ano, e que tocan cuestión de plena actualidade.
Centros de ensino, asociacións de todo tipo, concellos, editoriais, articulistas, ensaÃstas e mesmo institucións están a cargar a súa munición para abordar a figura e a obra de Paz Andrade a coincidir coa celebración do DÃa das Letras na súa honra. Falamos dun homenaxeado no que quizais é a súa biografÃa o seu principal valor. Os logros empresariais, a súa dimensión internacional e a xente coa que se relacionou posiblemente pesen nunha grande medida nos traballos e actividades que se desenvolvan ao seu redor. Para alén diso, unha obra escasa e centrada case exclusivamente no campo do ensaio van dificultar as achegas creativas arredor da súa figura. O pasado ano, con Lois Pereiro, tanto a súa biografÃa, como o seu carácter contemporáneo e maleabilidade que permite o tratamento da poesÃa á hora de facer creacións escénicas ou artÃsticas facilitaron en boa medida o éxito social da celebración. Pero, malia a que ten unha produción importante, facer recitais de Paz Andrade non suporá tratar máis do que unha pequena parte da súa figura. É obvio que, segundo vaian saÃndo ao longo do ano publicacións, exposicións e encontros sobre a súa figura irase desvendando o inmenso potencial que posúe este persoeiro. Neste esforzo de difusión está inmerso o Consello da Cultura Galega, que está dixitalizar o legado que conserva a familia de Paz Andrade. Emilia GarcÃa, coordinadora deste proceso, sinala que existe un bo feixe de material inédito que permitirá, ao longo deste ano, afondar na figura do homenaxeado e co que xa se barallan varias edicións, reedicións e publicacións en diferentes formatos.
Empresarios e cultura
Para alén do seu labor especÃfico como empresario, Paz Andrade fai parte dunha, se non longa, si fecunda estirpe de patronos que apoiaron a creación e a difusion da nosa cultura. Canda a el, nomes coma DÃaz Pardo, Ramón Castromil ou FermÃn Penzol, xogaron un papel fundamental no desenvolvemento do galeguismo durante a ditadura franquista, mediante o coleccionismo, os mecenados ou o apoio financeiro a múltiples proxectos. Malia a que, segundo lembra GarcÃa, “non hai constancia de meceando directo” por parte do homenaxeado, “hai constancia de que mercou varios cadros de Laxeiros, por exemplo, para garantir a supervivencia do pintor, para alén de que lle puidese gustar o tema”. Do mesmo xeito, o seu interese pola arte levouno a desenvolver unha importanca colección de pintores galegos. Nun momento no que se está a repetir a necesidade de acudir a mans privadas para conseguir recursos para a actividade cultural, a súa figura amósase como de absoluta actualidade. Canda a isto, pódenos facer reflexionar sobre a existencia ou non dun empresariado autóctono, e amosar as dispares traxectorias dos que triunfaron nos negocios na súa relación co paÃs.
Os recursos galegos
Ao longo da súa carreira, Paz Andrade viuse involucrado en diferentes sectores produtivos e teorizou sobre as posibilidades económicas dos recursos galegos. Deste xeito a súa actuación como avogado púxoo no centro da febre do wolfram, participou no proxecto de montar unha refinarÃa en Vigo, analizou as posibilidades de aproveitamento enerxético dos nosos rÃos e teorizou sobre as necesidades de modernización do agro. Por se fose pouco, foi un dos promotores da revolución no traballo no mar, desenvolvendo a pesca de altura e dando a pé á que foi unha das maiores flotas extractivas do mundo. A súa figura pódenos amosar as oportunidades, esperanzas, desilusións e realidades do noso desenvolvemento. De xeito paralelo esta perspectiva convida a reflexionar sobre a relación co medio e a súa conservación, abordando unha cuestión tan presente como desenvolvemento sustentable.
A industria cultural
A seguir cos recursos, Paz Andrade consideraba a cultura como un potencial máis para o desenvolvemento galego. Falamos de alguén que vÃa na creatividade do noso pobo un referente fundamental á hora de buscar o desenvolvemento económico do paÃs. Para el, a nosa posición como cruzamento de culturas (atlántica e meditarránea, española e lusófona) asà como a nosa suposta conexión coa terra e a natureza dotaba aos galegos dun enorme potencial creativo, que se debÃa desenvolver coa creación dunha industria cultural propia. A historia do desenvolvemento desta industria, a súa pegada e as súas oportunidades aparecen como ámbitos completamente inseridos na obra deste pensador.
A dimensión internacional da nosa lingua
Unha das teimas que Paz Andrade mantivo constante ao longo da súa traxectoria foi o empeño por difundir a idea de que o galego fai parte da lusofonÃa. Malia a que non estaba completamente a favor de integrar a nosa ortografÃa coa do portugués, si que apostaba por procurar aproveitar os elementos comúns na codificación da nosa lingua e, sobre todo, insistiu sempre moito nas oportunidades que ofertaba o galego de cara ás relacións cun xigante naquel momento en plena expansión, como era (e volta ser na actualidade) Brasil. “Non foi só interese por Portugal, senón contactos reais con intelectuais e empresarios portugueses e brasileiros, e mesmo, a raÃz do seu traballo no campo da pesca, de Angola e Mozambique”, explica GarcÃa.. Nomes como Guilherme de Almeida, Montezuma de Carvalho ou Amaro Sacramento Monteiro son só algúns daqueles cos que mantivo unha estreita relación. A intercomprensión do galego coa lusofonÃa, as relacións históricas do noso paÃs e da nosa cultura co Brasil e Portugal e mesmo outros casos de relacionamento de intelctuais galegos cos seus homólogos lusófonos son ámbitos nos que facilmente se pode pór o ollo a partir da figura de Paz Andrade.
PolÃtica
Malia a que os corenta anos do franquismo non ofreceron oportunidades para facer polÃtica, a vocación de servizo público de Paz Andrade estivo presente en boa parte da súa biografÃa e permite seguir momentos históricos do galeguismo. Desde a formacón do Grupo Autonomista Galego e do Partigo Galeguista, ata o seu posto como Senador nos anos 70, atopamos unha figura fondamente comprometida na realidade polÃtica do paÃs. Segundo explica Emilia GarcÃa, “mantiña unha importante conrrespondencia con persoeiros como Jordi Pujol, Felipe González ou Enrique Tierno Galván. Tamén tivo un grande papel no desenvolvemento do Estatuto durante a República, e participou na elaboración do texto”. Desde o auxe e as diferentes correntes xurdidas durante a II República e a aprobación do Estatuto, ata a presenza do galeguismo e do nacionalismo na transición logo da morte de Franco, a figura do protagonista deste DÃa das Letras preséntase como un bo xeito de repasar a crónica polÃtica do noso paÃs no século XX. Sen esquecermos, por suposto, a situación do exilio interior e do proxecto culturalista vencellado a Ramón Piñeiro.
Represión e violencia
Encadeado, detido e desterrado en diferentes ocasións polas autoridades franquistas, Paz Andrade amosa unha faciana da represión da ditadura que pode chamar menos a atención do que paseos e fusilamentos pero que marcou de xeito determinante boa parte da sociedade nos anos da Guerra Civil e seguintes. Ademais, o feito de que fose vÃtima no seu dÃa dun atentado anarquista permite analizar o momento histórico no que iniciou a súa actividade polÃtica e profesional.
O vencello con Castelao
Falar de Paz Andrade esixe necesariamente tratar de Castelao. Para alén de biógrafo, o vigués mantivo unha grande amizade co rianxeiro e tÃvoo sempre como guÃa espiritual. “Tivo unha relación moi achegada con Castelao xa desde os anos da República e mesmo logo da súa morte, mantÃvoa coas irmás. Fixo como de albacea no seu legao, e mantivo un fondo importante de material relacionado con el”, lembra esta investigadora do Consello da Cultura. A importancia de Castelao e o seu legado na sociedade na época do agora homenaxeado e mais na galicia actual son cuestións que se poden abordar facilmente a aproveitar a celebración do dÃa das letras.
A emigración e o exilio
En relación con isto, o propio fenómeno do exilio e a súa relación coas diferentes vagas migratorias con carácter económico que se deron ao longo do século XX poden interpretarse á luz da traxectoria de Paz Andrade. A súa implicación cos colectivos galegos no exterior e a súa propia condición de emigrante atÃpico, co seu traballo en organismos internacionais, achega diferentes visións sobre este fenómeno tan determinante para a construción da nosa sociedade. “Sobre todo contactou cos colectivos de galegos en Bos Aires e Uruguay”. De xeito semellante, actúa como ponte cos galeguistas que quedaran no paÃs. “El establece relacións tanto con uns como con outros. Lévase con Seoane, con Piñeiro e con Del Riego, pero non fai parte de ningún grupo. Con DÃaz Pardo, por suposto, tiña unha relación que era xa de irmáns”, explica esta investigadora.
O circuÃto cultural da emigración
Boa parte da obra de Paz Andrade está na forma de correspondencia, conferencias e mesmo en intanxibles relacións persoais Isto reflicte nunha moi grande medida o xeito no que se desenvolvÃa o circuÃto cultural da emigración e dos galegos que ficaran no paÃs e a relación destas colectividades. “Cada vez que Ãa por cuestións de traballo por Mar de Plata aproveitaba e facÃa unha serie de conferencias polos centros galegos”. Coma el, outros intelectuais viaxaban a Sudamérica a impartir conferencias nos centros galegos e actuaban de correos para libros ou cadros que se introducÃan clandestinamente no noso paÃs. De xeito semellante as cartas que tiñan unha importancia fundamental na configuración do panorama cultural galego das dúas beiras do Atlántico. A ese respecto, GarcÃa lembra, por exemplo como o propio Paz Andrade contribuÃa a traer para Galicia cadros de Seoane. “A súa viúva contaba que os traÃan a Portugal, e que logo baixaba a muller de Seoane ou outra xente con algún amigo para os traer, e na volta paraban en Vigo na casa do propio ValentÃn”.
As tertulias
De xeito semellante, é de destacar o papel como tertuliano que tivo Paz Andrade, que mantivo durante anos un faladoiro no Café Alameda de Vigo. As relacións personais e a oralidade como xeito de configuración de coñecemento e de opinión, ou o peso de foros como este ou a famosa mesa camilla de Piñeiro poden dar para pensar en actividades en homenaxe.
O ensaio
Sendo a maior parte do traballo literario de Paz Andrade ensaÃstico, non cabe dúbida que a súa figura pode permitir un achegamento a un xénero que, de xeito tradicional, foi pouco cultivado nas nosas letras. “Sobre todo o seu traballo foi sobre economÃa. Na súa etapa como senador escribiu algo sobre a autonomÃa e ten textos de carácter cultural, pero sobre todo o seu tema é a economÃa galega”, lembra Emilia.
A poesÃa
Na súa maior parte aÃnda inédita, o ano 2012 hanos deixar a publicación da produción poética de Paz Andrade, un proxecto no que xa se está a traballar. A súa visión lÃrica e persoal do mundo, con obras como Cantos no desterro branco ou Sangue na neve permitirá completar o perfil do empresario e ensaÃsta. Os vencellos e contrastes entre os diferentes xéneros da súa obra han permitir, de certo, achegamentos certamente orixinais ao seu traballo.
A prensa
Non podemos esquecer que, xa moi novo, o homenaxeado deste ano foi o director do xornal Galicia. “Ademais mantivo longas colaboracións no Faro de Vigo e en El Pueblo Gallego. Tamén publicou moitos artigos en revistas especializadas sobre pesca e economÃa e abondosos textos sobre Galicia e a cultura do paÃs nos máis variados foros”, explica GarcÃa. Nun momento de crise importante nos medios galegos, a súa figura pode ser un elemento de reflexión sobre a importancia dos mesmos e seguir a súa pegada na configuración social e cultural do paÃs.
De certo estas son só algunhas das posibilidades para nos achegar a ValentÃn Paz Andrade, e sen dúbida, cando acabe o ano, asociacións, creadores, institucións e ensaÃstas nos terán sorprendido con aproximacións inéditas á súa figura. Polo de agora, quedan aà algunhas ideas para comezar.
Mapa conceptual de Paz Andrade (ideas para traballar coa súa figura).Centros de ensino, asociacións de todo tipo, concellos, editoriais, articulistas, ensaÃstas e mesmo institucións están a cargar a súa munición para abordar a figura e a obra de Paz Andrade a coincidir coa celebración do DÃa das Letras na súa honra. Falamos dun homenaxeado no que quizais é a súa biografÃa o seu principal valor. Os logros empresariais, a súa dimensión internacional e a xente coa que se relacionou posiblemente pesen nunha grande medida nos traballos e actividades que se desenvolvan ao seu redor. Para alén diso, unha obra escasa e centrada case exclusivamente no campo do ensaio van dificultar as achegas creativas arredor da súa figura. O pasado ano, con Lois Pereiro, tanto a súa biografÃa, como o seu carácter contemporáneo e maleabilidade que permite o tratamento da poesÃa á hora de facer creacións escénicas ou artÃsticas facilitaron en boa medida o éxito social da celebración. Pero, malia a que ten unha produción importante, facer recitais de Paz Andrade non suporá tratar máis do que unha pequena parte da súa figura. É obvio que, segundo vaian saÃndo ao longo do ano publicacións, exposicións e encontros sobre a súa figura irase desvendando o inmenso potencial que posúe este persoeiro. Neste esforzo de difusión está inmerso o Consello da Cultura Galega, que está dixitalizar o legado que conserva a familia de Paz Andrade. Emilia GarcÃa, coordinadora deste proceso, sinala que existe un bo feixe de material inédito que permitirá, ao longo deste ano, afondar na figura do homenaxeado e co que xa se barallan varias edicións, reedicións e publicacións en diferentes formatos.