Hai xa dous anos que o cuarteto O Chupacabras gravaba, no teatro Pastor DÃaz de Lugo os temas do que serÃa o seu primeiro disco. Agora, finalmente ve a luz Tradiphonias unha selección de dez temas gravados en falso directo na que a formación experimenta achegando os instrumentos tradicionais a ritmos pouco convencionais e versionando de xeito persoal temas clásicos da nosa música. Totalmente autoproducido, o traballo está xa dispoñible nas tendas.
David Bellas e Xesús Riveira nas gaitas, e Cristian Silva e mais Rafa Crespo na percusión compoñen o cuarteto O Chupacabras, un conxunto de corte tradicional na súa composición pero non no seu son. Segundo apunta Bellas, “o disco en si mesmo non é de música tradicional, senón que a emprega como materia prima. Por exemplo, hai un tema moi tocado, como é a Muiñeira das patelas da que fixemos unha reconstrución. Na nosa versión está moi presente o motivo da canción pero o resultado non lembra en nada á orixinal”.
O debut discográfico do cuarteto ten a peculiaridade de se ter gravado na forma de falso directo. O gaiteiro David Bellas sinala que “escoitamos as gravacións previas de cuartetos e chegamos á conclusión de que as que soaban máis reais e máis semellantes a un cuarteto tocando foran feitas ao vivo. Ao gravar por pistas parecÃanos que quedaba máis frÃo, de xeito que apostamos por esta fórmula”. A atención á gravación foi acompañada dun seguimento polo miúdo de todo o proceso de elaboración do disco, que deu na larga demora ata a súa edición. “Autoproducimos, autoxestionamos e financiamos todo. Queriamos que fose o máis real posible e fixemos moitas probas de masterización e de mesturas ata que conseguimos o que pensamos que era o óptimo. Tamén houbo moito traballo de deseño ata atopar algo sobrio para presentar a obra”, conclúe Bellas. Comezan agora as presentacións do proxecto, sen que polo momento estea na axenda do grupo porse de novo ante os micros.