Manuel Fraga gobernou en Galicia, con maiorÃas absolutas, entre 1990 a 2005. Destes quince anos de poder, fican unha serie de medidas lexislativas e polÃticas que, en certo xeito, seguen a definir as bases da polÃtica cultural galega. Repasamos algunhas das accións de polÃtica cultural emprendidas polos seus gobernos en termos de iniciativas lexislativas e creación de institucións culturais autonómicas con vixencia ou consecuencias actuais.
Para Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, Manuel Fraga tivo “luces e sombras” pero foi “sensible á cultura”. Para Villares, catedrático de Historia da USC, Manuel Fraga procurou na cultura unha “certa lexitimidade simbólica” para asentarse como Presidente, relacionándose co sector cultural e participando dalgúns dos seus eventos. Fraga viña de exercer a polÃtica e a diplomacia no exterior e buscaba vincularse ao imaxinario e á tradición de Galicia. Para Fraga, segundo Villares, “era máis importante facer cousas e non tanto reflexionar”.
Medidas dos gobernos Fraga
2005: Decreto de regulación das TDT
Unha das últimas decisións de Manuel Fraga como Presidente da Xunta é o decreto que regula a creación de 84 potenciais cadeas de televisión. O decreto colocaba como obrigatoria a emisión de alomenos un 50% de programas de produción propia e empregar o galego de xeito “usual”.
2004: Plan de Normalización LingüÃstica de Galicia
Coa unanimidade dos tres grupos parlamentarios, o Parlamento de Galicia aprobou o Plan Xeral de Normalización LingüÃstica. Constaba de 445 medidas a prol do idioma.
1999: A Cidade da Cultura de Galicia
Foi a decisión cultural máis controvertida que tomou Manuel Fraga como Presidente da Xunta de Galicia. O macrocomplexo do Gaiás comezouse a materializar a partir do concurso internacional convocado en 1999 no que resultou gañador o proxecto de Eisenmann que hoxe se está a materializar.
1999: Lei do Audiovisual de Galicia
A Lei do Audiovisual de Galicia, do ano 1999, aprobada por consenso polos tres partidos polÃticos do Parlamento galego, marcou un importante fito lexislativo, ao declarar por primeira vez un sector cultural, neste caso, o audiovisual, como “estratéxico” para Galicia.
1996: Lei de Protección dos Camiños de Santiago.
Tras o estalido do fenómeno Xacobeo no ano 1993, o goberno de Fraga promulgou uha Lei especÃfica de Protección dos Camiños de Santiago, especificando as condicións de protección dun tipo de ben inusual nos catálogos de patrimonio.
1995: Lei do Patrimonio Cultural de Galicia
No ano 1995 produciuse a arelada publicación da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, que continúa vixente, malia que o anterior Conselleiro de Cultura avisou publicamente en varios momentos de que se estaba redactando un borrador dunha nova Lei.
1993: Creación do Centro Galego de Arte Contemporánea
A decisión de crear o Centro Galego de Arte Contemporánea foi un fito para o incipiente sector da artes visuais en Galicia. A comisaria de arte Gloria Moure foi a encargada de poñer en marcha o CGAC entre o ano 1994 e a súa turbulenta saÃda en 1998.
1991: Rexistro de Bens de Interese Cultural
No ano 1991 o goberno galego toma a decisión de crear un Rexistro de Bens Culturais de Galicia e elabora o decreto que regulará a tramitación destes bens.
1991: Créase o CESGA
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) nace como unha infraestrutura tecnolóxica destinada a albergar supercomputadores para uso cientÃfico pero convertiuse, posteriormente, no núcleo do que o goberno Fraga chamou a “Autoestrada Galega da Información”, unha rede de alta velocidade formada durante os 90 para interconectar administración autonómica, universidades, centros de coñecemento e formación tanto nas cidades como no rural.
1991 S. A. de Xestión do Plan Xacobeo (Xacobeo 93)
Pouco despois de chegar ao goberno, Fraga constituiu a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, orientada a conducir as accións promocionais, turÃsticas e culturais vinculadas ao Camiño de Santiago e ao Ano Santo de 1993. O Camiño de Santiago vertebrou a polÃtica turÃstica galega ata o ano 2010 e creou unha icona diferencial de Galicia na oferta global.