No ano 1992 a Real Academia Galega dedicou o DÃa das Letras Galegas ao escritor e xornalista Eduardo Blanco Amor. Esta gravación editada ese ano polo Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega compila unha serie de gravacións do ourensán en diferentes actividades na América da emigración galega e permite coñecer, na súa propia voz, a orixinal e rica oratoria de Blanco Amor.