Hai pingueiras, a fachada está sen rematar, faltan carteis e materiais didácticos e só se pode ver en visitas guiadas para escolares. O Museo da Natureza que xestiona a Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol abrÃa onte as súas portas, logo de anos de demora, a medio gas. Problemas orzamentarios dificultan pórlle data de apertura definitiva a un centro que é referente no seu campo no noso paÃs.
Logo de anos fechado, Ferrol volta dispor dun Museo da Natureza. A Casa do Coronel do barrio do Canido acolle os fondos da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), que ata 2008 podÃan verse parcialmente na antiga sede deste colectivo. No entanto, a apertura é aÃnda parcial. Desde esta mesma semana as visitas escolares previamente concertadas e mais os socios da entidade poden contemplar a exposición destes importantes fondos, mentres a entidade que xestiona o centro agarda a rematar obras e tarefas expositivas coa intención de abrir ao público xeral. Segundo sinala Juan Ignacio DÃaz da Silva, responsable destas instalacións, “atopámonos nun certo dilema porque hai moitos medios que contactan con nós pensando que temos un novo museo, e o que atopan é un edificio en obras, coleccións que non están expostas como nós queriamos, aÃnda que están con abonda dignidade”. Cun edificio pendente aÃnda de rematar a fachada, con pingueiras malia a estar rehabilitado. Entre outras eivas que presenta a situación actual do emprazamento está tamén a falta de apertura do soto, onde se almacenarán fondos non expostos. Canda a isto, están pendentes aÃnda negociacións cos responsables municipais para obter os fondos que permitan abordar as últimas tarefas de impresión de cartelerÃa, aluguer de equipamento e outras necesidades que permitan completar a exposición. Malia ás reclamacións da SGHN para o seu centro, o colectivo recoñece que “a pesar dos problemas todos os gobernantes que tivemos en Ferrol respaldaron a idea de ter un museo de historia natural en condicións na cidade”.
Potencial
Malia a todo, a Sociedade confÃa en poder abrir de cara ao público nun par de meses e obter un éxito entre o público superior ao que xa tiña nas súas anteriores instalacións. “Na outra sede tiñamos unhas 30 ou 40 visitas ao dÃa, simplemente de xente que pasaba por alà e entraba ou que o viña ver. Penso que cando teñamos un centro en condicións podemos ser un referente en Galicia”, explica DÃaz. “Comparando coas instalacións anteriores melloramos moito, as instalacións son moi amplas e unha sala bastante boa”. O paso dos 90 metros cadrados de exposición aos 440 actuais é un bo avance. Malia a esta mellora, unicamente un 50% dos fondos da Asociación están actualmente en exposición. “Non colle todo, pero polo menos permite facer unha mostra con dignidade”, recoñece o responsable do centro.
Peculiaridade
A orientación cara a historia natural fan deste centro un exemplo case único no noso paÃs, unicamente o compostelán Museo LuÃs Iglesias comparte o interese por esta cuestión. No entanto, a esta particularidade súmase, no caso do centro ferrolán, o xeito no que se configuran as coleccións, resultado do traballo da propia SGHN e de doazóns, “trátase dun museo único na súa formación. Partimos dos fondos dunha asociación que cos seus case corenta anos de existencia foi acumulando unha serie de coleccións mediante traballo voluntario e que agora se pode ver só cos apoios públicos mÃnimos para os poder expor”. A orixe dos fondos dota tamén dunha especial vitalidade o centro. “No caso do LuÃs Iglesias, expoñen un fondo determinado, que é a colección deste estudoso. Nós temos un museo vivo, con contidos non de todo definidos e que van variando. Por exemplo este verán apareceu uha balea na costa de Burela que xa fai parte dos fondos, e calquera outro animal que chegue ás nosas mans pode acabar formando parte da colección”. Ademais, as limitacións de espazo a respecto da cantidade de fondos dispoñibles na Sociedade fan que estea previsto anovar de xeito periódico unha boa parte da exposición, rotando asà o material que se amosa. “A nosa intención é que a exposición vaia variando segundo vaia pasando o tempo”.
Tesouros á vista
Entre as pezas máis destacadas que fan parte do inventario do centro, DÃaz destaca “unha serie de cráneos fósiles que apareceron en Galicia nos anos 80. Fómolos recollendo e a partir de aà están abertas investigacións desde centros de Bélxica, ParÃs e Pisa. Os nosos fondos relacionados con cetáceos supoñen a segunda colección máis importante de Europa”. Canda a isto, chama especialmente a atención dos visitantes a única lura xigante que se pode ver en Galicia, un exemplar de máis de oito metros que se conserva mergullad en lÃquido nunha urna. Tamén é de especial importancia, aÃnda que pode semellar menos espectacular, a completa mostra de pegadas e rastros de animais, que o responsable do centro recoñece que é difÃcil de conseguir. Ou os insectos, que os responsables do museo apostaron por amosar relacionándoos co perÃodo do ano no que se poden ver no noso paÃs. Maquetas e ósos de mamÃferos mariños, algúns deles de grande tamaño, e na súa maior parte recuperados dos animais que varan nas nosas costas. Outra peculiaridade dos restos de animais expostos é que se procura que en xeral teña relación con Ferrol, polo cal pode sorprender atopar entre os fondos o esquelete completo dunha pitón. “Recolleuse aquÃ, suponse que escaparÃa dalgunha casa ou dalgún circo, e fixémonos cargo dos restos”.
Fondos ocultos
Fóra da vista fican maravillas como “unha colección cunchas no mundo que recolle máis de catro mil especies”, e que foi recompilada por Montero Gay a finais do século XIX . “Está pendente de exposición, pero amosala totalmente esixirÃa moito espazo”. Canda a esta, o responsable do centro destaca a colección de aves momificadas que dan fé do comezo da SGHN como Grupo Ornitolóxico Galego. “Tamén hai coleccións de crustáceos e invertebrados mariños. Temos tamén unha balea de 18 metros para montar, e colle nas instalacións actuais, pero condicionarÃa moito as posibilidades doutras exposicións”.
Futuro traslado
No entanto, semella que o edificio que agora se pon en marcha non será o definitivo para estes fondos. “Desde o Concello teñen claro que futuro do museo está noutro edificio e noutras instalacións”, explica DÃaz. No entanto a concreción do que pode ser a sede definitiva deste centro non está fechada. “Este futuro polo de agora é incerto, non se sabe onde se vai ubicar nin cando”. A coincidir con esta semiapertura do Museo da Natureza, en Compostela están a se ultimar os traballos para abrir o outro centro especializado neste campo que existe no paÃs. As novas instalacións do Museo da Natureza LuÃs Iglesias, da Universidade de Santiago prevén abrir as súas portas neste primeiro trimestre de 2012. É de agardar entón que, malia á crise, en breve contemos con dous remozados centros dedicados á divulgación sobre o noso contorno natural.

GalerÃa: Museo da Natureza de Ferrol
Cranio de Balea Alibranca. Fonte: Sociedade Galega de Historia Natural
Cranios de Artiodáctilos
Fonte: Sociedade Galega de Historia Natural
Colección de Madeiras que se pode ver no Museo da Natureza
Fonte: Sociedade Galega de Historia Natural
Maqueta dun caldeirón común
Fonte: Sociedade Galega de Historia Natural
Vista xeral da sección de bioloxÃa mariña do Museo
Fonte: Sociedade Galega de Historia Natural
Pitón
Fonte: Sociedade Galega de Historia Natural
Cadro que amosa as especies de insectos en relación coas épocas do ano
Fonte: Sociedade Galega de Historia Natural
Peles expostas no museo