A chamada Compostela

Unha exposición recrea a evolución de Compostela desde a consagración da Catedral

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
Recreación da Compostela do século XIII

Recreación da Compostela do século XIII

Entrar hoxe na reformada Casa do Cabido é volver pisar a Compostela de 1211, ano da consagración da basílica xacobea. Este é o cometido da exposición “Compostela Dicitur” coa que o edificio abre as súas portas á veciñanza despois de meses de rehabilitación. Dúas aplicacións interactivas e unha serie de paneis con mapas, planos e fotografías axudan a reconstruír como evolucionou a cidade nos últimos oito séculos.

1796. Plano de Santiago de Compostela. Juan López Freyre, o Mozo
1/6
Imaxe 2
2/6
Igrexa de Santa Susana (reconstrución hipotética)
3/6
1669. Vista de Santiago.Pier Maria Baldi
4/6
Vista de Santiago do Século XIII
5/6
Volver ao ano 1211
6/6

A mostra toma o seu nome dunha bula de 1905, na que o Papa Urbano II decreta o traslado da sede episcopal desde Iria Flavia ata a “cidade chamada Compostela” (Compostella dicitur). Está composta por dúas aplicacións interactivas que permiten recrear o aspecto da cidade en 1211. Unha é un plano virtual cos nomes das rúas, das fontes, das portas da muralla e das igrexas, así como as áreas nas que se asentaban os diferentes gremios hai oito séculos. A oura aplicación consiste nun paseo virtual que recrea os pasos dun peregrino desde a Porta do Camiño ata a Catedral.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Iria Flavia, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos