A traducción ó galego da obra de Bouhier pecha o Congreso adicado á súa figura

La Galice, agora en galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Congreso Internacional "Galicia dende La Galice" remata hoxe cunha presentación: a da traducción ó galego do libro de Abel Bouhier "La Galice. Essai géographique d´analyse et d´interprétation d´un vieux complexe agraire". A última xornada do Congreso organizado polo Consello da Cultura Galega centrouse nunha reflexión sobre a situación da xeografía agraria e a demografía galega.

Traducción

O Consello da Cultura Galega, en colaboración con outras entidades, edita a obra cumio do xeógrafo francés. Unha traducción que correu a cargo de Benxamín Casal, colaborador da Revista de Estudios Agrarios, e que tamén participou no Congreso para ofrecer a visión que Bouhier tiña do labrego galego. Unha imaxe que , segundo Benxamín Casal é "unha referencia do pasado cara ó futuro que non se debe perder de vista para orientar o presente e o futuro dos homes de Galicia".

Último día

A última xornada do Congreso Internacional sobre Bouhier centrouse nos cambios que se están a producir na xeografía agraria e democrática. Nese sentido, Francisco Sineiro, ex-conselleiro de Agricultura, destacou a baixa productividade do labrego galego, o abandono de terras e as grandes desigualdades que se rexistran entre explotacións moi especializadas como os indicadores "da situación de crise que vive a agricultura en Galicia".
Por outra banda, o portugués Orlando Ribeiro, a súa muller, Suzanne Daveau, a profesora da Universidade de Lisboa, Jean-René Bertrand, da Universidade de Maine, Jean Soumagne, da Universidade de Angers, ou Gerard Brey da Universidade de Besançon ofreceron nas súas ponencias unha visión panorámica sobre a situación da xeografía agraria e demográfica doutras rexións da Europa Atlántica

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xeografía, Consello da Cultura Galega, Portugués, Universidade de Lisboa...