O mundo da cultura lamenta o falecemento de Isaac DÃaz Pardo, e glosa a importancia do seu traballo. Recollemos as reaccóns de pesar a este triste acontecemento. Destacados representantes de diferentes sectores amosaron o seu pesar apuntando a importancia histórica da figura que acaba de desaparecer.
Xosé LuÃs Méndez FerrÃn, presidente da Real Academia Galega: "Supón para min unha perda moi sentida, desde o punto e hora en que fun o seu amigo desde 1956, cando o coñecÃn no 25 de xullo. Non é un mérito, pero probablemente son un dos seus máis antigos amigos, por razóns de idade. Nel concÃtanse unha serie de valores que o converten nunha figura irrepetible. Únense os méritos dun empresario de éxito e eficaz, cun traballo como pintor que continuou despois no deseño, o debuxo e a escultura. Como editor, monograficamente volcado na memoria histórica, abre unha nova etapa no coñecemento do franquismo e dos seus horrores no noso paÃs coa edición de Galicia hoy, ás súas expensas. Apoiou o que eu considero todas as boas causas neste paÃs e foi o prototipo do que, na tradición do que eu procedo, chamamos os bos e xenerosos".
Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega: É unha das figuras mais grandes do século XX. Sobre todo na cultura, a arte e o deseño, e mesmo na empresa. Se houbese que salientar elementos substanciais da súa biografÃa, destacarÃa a súa propia formación como neno republicano, formado no taller do seu pai e rodeado por moita xente vencellada ao Seminario de Estudos Galegos e á Xeración Nós. Puido absorver aquela tradición de cultura republicana que era moi innovadora e moi moderna. Non se pode esquecer a súa condición de artista precoz, que xa nos anos 40 conseguiu sorprender como pintor. Logo tivo unha dimensión como persoa dialogante que conseguiu conectar co exilio, especialmente con Seoane, Rafael Dieste, Núñez Búa ou Antón Baltar. Esa relación é unha das marcas da súa traxectoria vital, porque non era só relación co exilio, senón que pretendÃa gardar o legado republicano para unha Galicia futura. E de aà ven a súa obsesión por recuperar o Seminario de Estudos Galegos ou facer unha editora como Edicións do Castro dedicada á memoria, e tantos outros traballos. Finalmente, dirÃa que foi unha persoa que se destacou pola súa condición de emprendedor e de home práctico. Na historia do galeguismo cultural ás veces abunda en exceso o discurso ou a retórica. E el, en ocasións para desesperación do seu amigo Seoane, era un home que tentaba levar á práctica as ideas. E aà está o Laboratorio de Formas, Cerámicas do Castro ou todo o Grupo Sargadelos, con todo o que supón. Isto permitiulle ser un excelente embaixador da culturagalega no exterior, e ser un referente para os que nos viñan visitar e no Castro ou Sagardelos vÃa later unha Galicia moderna a través dos seus libros, os seus carteis e o seu trato. Por todo isto Isaac ten un nome de ouro na Historia da cultura do paÃs, e non só da cultura, tamén na Historia grande de Galicia".
Manuel Bragado, presidente da Asociación de Escritores:"Gulliver Pardo é unha das nosas insignias nacionais do século XX. A perda de unha persoa como el é irremplazable, tanto polo seu labor como editor, como polo seu traballo como empresario cultural, pintor, ilustrador e sobre todo como configurador da galeguidade contemporánea. Supón un home-rede que soubo empregar as linguaxes do seu tempo para comunicar ese compromiso da causa nacional de Galicia".
Xosé Neira Vilas: "Podo dicir que foi unha grande perda para Galiza a morte de Isaac. AÃnda está por valorar axeitadamente a trascendencia da súa obra, non só como artista ou como home de iniciativas empresariais, senón como home xeneroso. El dábao todo pola cultura, entregábase en corpo e alma. SabÃas que cando houbese que organizar algo no Instituto Galego da Información ou na fabria de sargadelos, non habÃa nin que lle pedir permiso e podÃase estar alà dous ou tres dÃas. Era un home dunha xenerosidade que aÃdna haberá q a contar.
VÃctor Freixanes, director da Editorial Galaxia, sinala que "pouco a pouco váisenos a xeración dos históricos, quédannos practicamente Xaime Illa Couto e Avelino Pousa Antelo. Isaac era un pouco a ponte entre a Galicia de aquà e a Galicia do exilio, esa ponte simbólica que conseguiu concretar no proxecto Sargadelos con LuÃs Seoane. Era un pulmón incansable da cultura galega, e deixa unha marca que é esa visión da cultura que non se fecha en si mesma, senón que busca noutros ámbitos, no mundo da empresa, na economÃa e nas industrias culturais a súa capacidade competitiva. Supuxo unha marca de modernidade no galeguismo do século XX. Con LuÃs Seoane formaron aquel grupo de soñadores de Bos Aires que souberon moi ben que habÃa que manter firme a dignidade e que tamén habÃa que voltar e dar aquà a batalla. E fixérono ben".
O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijoo, calificou o finado como o “mellor exemplo dunha vida dedicada a un compromiso chamado Galicia”, e apuntou que DÃaz Pardo é un espello “no que mirarnos todos os galegos”. Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, lembrou que “a figura de DÃaz Pardo vai pasar a forma parte dos nosos mitos, do noso imaxinario colectivo porque foi un creador en sentido absoluto”. Ademais, no discurso que pronunciou unha vez xurado o seu novo cargo, apuntou que “personalidades como Isaac DÃaz Pardo poñen de manifesto que é posible construÃr paÃs con vontade”.
O conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, amosou o seu fondo pesar polo pasamento do humanista, emprendedor e intelectual e artista, ao que cualificou de “figura irrepetible” da cultura galega e de “peza especial da nosa cultura”. Vázquez apuntou que debe ser un exemplo a seguir porque “sempre dunha postura de máxima liberdade, independencia e compromiso impulsou iniciativas culturais para dinamizar a sociedade nun tempos difÃciles sen institucións democráticas e autonómicas”. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, anunciou que a Xunta está a traballar nunha homenaxe deste “xigante da nosa cultura”, pero non quixo precisar máis detalles.
Os directores Xosé Abad e Xan Leira achegáronse desde o xénero documental á figura do intelectual. Xosé Abad, autor do documental Isaac, considera que foi unha “figura irrepetible e fundamental para Galicia tanto culturalmente como polÃticamente. Representou nun momento difÃcil a garantÃa da memoria de todo o que foi o exilio dos intelectuais galegos a América e a outras partes do mundo”. O realizador Xan Leira retratouno no marco da súa serie Historias de vida, que se achega ás figuras relevantes da cultura galega, destaca do seu perfil que “foi unha das figuras máis importantes e significativas da historia de Galicia e da súa cultura. Creo que conxuntamente con Castelao son dúas persoas que polo seu valor polÃtico e artÃstico, deben figurar nun mesmo nivel de importancia, de valoración e de interpretación da súa obra”.
Pola súa banda, desde o Museo do Pobo Galego, do que presidÃa o Padroado, sinalan que "con el desaparece talvez o derradeiro representante dunha xeración de intelectuais e emprendedores galeguistas que marcaron a historia de Galicia no século XX". A Associaçom Galega da LÃngua emitiu un comunicado no que lamenta o falecemento e chama a "se inspirar no seu compromiso".