Máis dunha hora de gravación na que Celso Emilio Ferreiro fai un repaso da súa biografÃa. Esta é a achega que fai a Mediateca do Consello da Cultura Galega a coincidir, hoxe coa celebracón do centenario do nacemento do escritor. A súa infancia, a relación coa familia, a evolución polÃtica e ideolóxica poden coñecerse na propia voz de Ferreiro.
A gravación que agora se publica fora editada polo Consello na serie As nosas voces en formato casete. O son procede das entrevistas que MarÃa Xosé Porteiro e Xosé Antonio Perozo realizaran para o seu libro Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas, e fora editado polo Arquivo Sonoro de Galicia. As limitacións tecnolóxicas do momento explican a relativamente escasa calidade do son. O material orixinal está na actualidade en proceso de restauración no propio Arquivo Sonoro e se publicará na rede en canto estea dispoñible.
Infancia e ideoloxÃa
No repaso da súa vida, Celso Emilio lembra os seus tempos de infancia en Celanova, unha vila na que apunta, “habÃa un ton cultural e unha formación na xente moi pouco común” relacionada coa importante comunidade monástica presente no lugar. “Fun un neno afortunadamente feliz por moitas razóns”, sinala, e fai un intenso repaso polas súas relacións familiares, cunha nai maior, un pai falecido sendo el adolescente e uns avós que o conectaron con mundo de lendas e tradicións. Vencellado ao ambiente familiar está un espertar ideolóxico temperán, “a miña ideoloxÃa galeguista creo que naceu co uso de razón”, explica Ferreiro. Un pai que facÃa parte das Irmandades da Fala, lecturas e conferencias marcaron o percurso ideolóxico inicial do poeta, un percurso que, como el mesmo confesa, o acompañou sempre. “Eu non renunciei á miña maneira de pensar nunca. Son un home de conviccións polÃticas, pero estas son moi simples. Estou contra a inxustiza, estou pola liberdade, estou a favor de Galicia e estou en contra da explotación do home polo home. A iso pódeselle pór o nome que se queira”, conta na gravación. O repaso continúa coa emigración, a militancia polÃtica e a obra poética deste creador fundamental, que achega o seu punto de vista sobre a evolución do noso paÃs ao longo do século XX.
Centenario
AÃnda que as datas oscilan, semella probado que Celso Emilio Ferreiro naceu o 4 de xaneiro de 1912 en Celanova. Dous dÃas de atraso á hora de o inscribir no rexistro civil provocaron unha recorrente localización do seu nacemento no DÃa de Reis do mesmo ano. No entanto, é hoxe cando, tamén de xeito oficial, comezan os actos de celebración do centenario do poeta, o comezo dunha traxectoria vital fundamental para entendermos a cultura galega de hoxe. O Parlamento de Galicia aprobaba o pasado mes de outubro a declaración de 2012 como Ano Celso Emilio Ferreiro para lembrar tan singular data. AsÃ, hoxe mesmo cen locais de Celanova adornan os seus escaparates con textos do autor para conmemorar a data, no que é só o primeiro de toda unha serie de actos previstos pola ConsellarÃa de Cultura, que acaba de publicar, en colaboración coa Fundación Celso Emilio, un web especÃfico con esta conmemoración. No mesmo pódense escoitar diferentes gravacións coa voz do autor e seguir a programación prevista para este ano.
Actividades
Ao longo do ano continuarán os repasos da vida e obra deste autor, entre os que destacan a publicación dunha completa biografÃa a cargo de Ramón Nicolás que promete desvelar moitos datos inéditos e clarificar diferentes cuestións sobre o percurso vital do homenaxeado. Unha exposición itinerante, reedicións, recitados, concertos e todo tipo de actividades están previstas e de certo irán multiplicándose ao longo dos vindeiros meses. Pola súa banda, o Consello da Cultura Galega pretende incidir na conexión do autor con Sudamérica e prepara actividades coas colectividades galegas desta área.Entre as propostas máis inmediatas, a asociación Arraianos presenta este sábado un número especial da súa revista sobre o autor, no que se inclúe material inédito do mesmo, e textos de autores como Xesús Alonso Montero, Carlos DÃaz, Isaac DÃaz Pardo, X.L. Méndez FerrÃn, Ramón Nicolás ou Xaime Quessada entre moitos outros, e que vai acompañado de O meu reinado, single do grupo Labregos do tempo do sputniks a partir dun texto de Longa noite de pedra. A Casa dos Poetas de Celanova acolle o acto, no que Anxo Angueira recitará poemas do homenaxeado e actuarán Labregos do tempo do sputniks.