A narración oral abre a actividade do Pazo da Cultura de Narón en 2012

O Festival Conta con Narón comeza o vindeiro venres 13

Unha nova edición do Festival Internacional de Narración Oral chega o vindeiro venres 13 ao Pazo da Cultura de Narón. O encontro contará coa presenza de contadores coma Tim Bowley, Felix Albo, o colombiano Alekos, coordinador da Rede Internacional de Contos ou o brasileiro Márcio Caire. As entradas están á venda a un prezo de nove euros. O web do Pazo da Cultura adianta xa boa parte da programación escénica para os vindeiros meses.