O 2012 comeza cunha palabra estrela: crise. Nos orzamentos, nas actividades, nas previsións
en todo menos nas ideas. Aproveitamos que arrinca o ano repasando algunhas das iniciativas que deberán figurar nas nosas axendas nos vindeiros meses.
Producións, estreas, exposicións malia que a crise, e a reducción dos orzamentos lastra parte da programación e, o que é peor, moitos dos xestores culturais deciden non facer públicas as súas citas ata que os orzamentos non estén consolidados e non se teñan que retractar. Con todo, revisamos as cousas xa anunciadas e que esperamos que se materialicen neste ano que acaba de comezar.
Os anos de .
Este ano cumpriranse cen anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912- Vigo, 1979). E a efeméride celebrarase dedicando o 2012 como o ano do escritor de Longa noite de pedra, o que supón a difusión da biografía, así como a implicación das institucións públicas. Será o ano no que Valentín Paz Andrade será o homenaxeado no Día das Letras Galegas, para o que se está a preparar unha batería de actividades. Entre elas, a edición dunha BD sobre o persoeiro que a Xunta coeditará con Xerais. Neste sentido, o Consello da mostra exhibirase no Brasil, país co que Paz Andrade mantivo unha fonda relación e que permitirá ao Consello continuar co seu traballo de acción exterior.
Exposicións
Comezamos polo Centro Galego de Arte Contemporánea. Na tónica xeral de recortes, este centro ve diminuida a súa partida. Con todo, neste ano poderá verse nel unha grande exposición de Fernando Casás, un dos pioneiros no movemento Arte & Natureza, e mais unha mostra do traballo en performance Esther Ferrer, Premio Nacional das Artes Plásticas. Pouco máis se sabe da actividade deste centro que ten os ollos postos no 2013, ano no que o centro celebra os seus vinte anos de existencia.
Oito exposicións (catro de gran formato e outras catro de pequeno formato) conformarán a programación do Centro Torrente Ballester para 2012. O centro non contará cun responsable (Susana Cendán foi a última directora deste espazo, destituída tralas municipais), senón cun asesor externo que axudará a establecer a programación. Ese asesor é David Barro ´que pretende tecer pontes entre outros centros como o CGAC. E xa se nota na primeira mostra, a do primeiro terzo do ano, na que Mónica Maneiro comisaría unha mostra titulada Miradas cinematográficas (27 de xaneiro-13 de abril) que evidencia os vencellos entre cine e fotografía a partir da colección do CGAC. Carlos Pazos, Chisrtian Marclay, Eve Sussman, Grimonprez, Downsbrough, Vari Carames ou Tracey Moffatt son algúns dos artistas deste proxecto que irá paralelo á mostra Pouco antes da tormenta convén un pouco de humor, con obras de Chema Madoz, Hans Memmert, Miguel Rothschild e Peter Wüthrich, entre outros. A estrutura de programación do centro responde á máxima de dúas exposicións cada trimestre, con comisarios colaboradores como responsables do proxecto.
En canto ao nivel expositivo da Cidade da Cultura, este espazo acollerá a mostra Historia do cómic galego desde as orixes. O museo, espazo que está rematado e que actualmente está aberto para as visitas guiadas, albergará este ano unha exposición sobre a historia da pedra en Galicia. Con Miguel Fernández Cid como comisario e que terá a Manolo Paz e a Francisco Leiro como protagonistas.
O Marco de Vigo abre este ano con actividade que arrastra de 2011. Ata o 22 de xaneiro mantén You are not alone, a mostra que quere convidar á reflexión sobre a discriminación e estigmatización que, aínda hoxe en día, sofren os enfermos de sida. Aínda que, polo menos no primeiro mundo, os avances médicos permitiron aumentar a esperanza e a calidade de vida dos enfermos, parece que estes progresos non se reflectiron nunha diminución do rexeitamento social que suscita a sida. Ata o 23 de marzo de 2012 ofrece Abigail Lazkoz. Distopía literal, que se centra no artigo 13 da Constitución de Cádiz o obxecto do Goberno é a felicidade da Nación e presenta unha reflexión gráfica-conceptual en torno á evolución do concepto da felicidade dende 1812 ata os nosos días. Ata o 20 de maio, Amaya González Reyes, Entrar no obra. V. Perder(se) nela reserva para o espectador un espazo propio e emprázao a descifrar as obsesións da artista; un aspecto que se relaciona co título ou subtítulo elixido para a súa proposta.
As unidades de produción: do CCG ao CDG
O CCG ten previsto realizar para este ano o Crebanoces. O proxecto comezou a xestarse hai máis dun ano e hai xa tímidos avances, como a convocatoria dunha proba de selección entre os escolares de danza para este país. Entre as ideas xerais do proxecto preténdese contar coa participación da Orquestra Sinfónica de Galicia, que ofrecerá música en directo.
Entre os espectáculos previstos no calendario destaca, na primeira quincena de maio 2012, a estrea de Gharbo!, a única coprodución do Centro Coreográfico para este ano. Este espectáculo, da compañía Contra2 e presentado por Nelson Quintero Roa, contará con músicos, vestiario, instalación, técnicos e asesoramento da unidade dirixida por Mercedes Suárez.
Con repecto ao Centro Dramático Galego, a unidade de produción escénica dirixida por Blanca Cendán non contará para 2012 con producións propias. Optarase polo modelo de coprodución con outras entidades e os ensaios do primeiro espectáculo da temporada comezarán o vindeiro mes de marzo no Salón Teatro. Haberá que agardar aínda para confirmar os nomes dos directores e a temática do primeiro espectáculo despois do éxito de A Ópera dos tres reás.
E un avance das outras producións
Este mes de xaneiro deixa xa algunhas das estreas do ano. Para os reis, o Teatro Ensalle de Vigo programa a estrea absoluta de A folla máis alta do mundo, un espectáculo familiar de Berrobambán. Trátase dunha montaxe contemporánea que conta con música, danza, poesía e moitos recursos visuais pensado para un público entre 7 e 12 anos.
A seguinte é Tokio3 a última montaxe de Voadora, con dirección e dramaturxia de Marta Pazos que se estrea neste espazo de Santiago de Compostela o vindeiro xoves 13.
No que afecta ao audiovisual. No marco da súa liña de apoio a novos realizadores galegos, Vaca Films producirá a primeira longametraxe de Alejandro Marzoa (Vigo, 1979). Curtido en curtametraxes e outros proxectos audiovisuais este vigués dirixirá Somos xente honrada, unha comedia social que a produtora galega coproducirá coa catalana El Terrat. É unha idea que nos presentou o propio Alejandro, que ten unha mirada moi especial e fai parte da última fornada de curtametraxistas galegos asegura Borja Pena, produtor do filme. A rodaxe está prevista para principios de 2012. Para este ano tamén está prevista a estrea de Invasor, a gran aposta de Vaca Films coa que pretenden revalidar o éxito de Cela 2011. Conta a historia dun médico militar (Alberto Ammann) regresa da guerra de Irak con feridas e problemas de memoria tras sufrir un altercado. Unha vez de volta, tentando memorizar o acontecido, pasan a súa cabeza fenómenos inexplicables que o levan a unha espiral estremecedora. A produtora coruñesa rodará na cidade herculina o seu último filme, que dirixe Daniel Calparsoro e que conta cun orzamento de 4 millóns de euros. A produtora pretende chegar con este título á Mostra de Venecia de 2012.
Rodada en galego en escenarios como Alacante, Negueira de Muñiz, Santiago. Nestes espazos transcorre Vilamor, o último filme de Ignacio Vilar, que conta os conflictos dun escritor que regresa á súa localidade natal, na que viviu os seus mellores anos da súa vida e nos que fala de amor, liberdade e conexión íntima coa natureza.
Museos e centros
O ano comezou cunha situación desigual para os museos. O Arquivo Pacheco pechou as súas o 31 de decembro. O centro, que dixitaliza o fondo homónimo e que se corresponde coa memoria fotográfica de principios do século pasado de Vigo, está pechado ao público ao concluír os contratos dos traballadores. O concello de Vigo asegura que convocará un cursos público para a súa xestión e que, mentres non se resolva o centro permanecerá pechado. O proxecto que ten dixitalizado 58.000 imaxes, pouco máis dun terzo do fondo completo.
Pero no 2012 teñen previsto abrir as súas portas, se a crise non o impide un espazo para a moda, outro para a colección fotográfica de Xosé Suárez e un Centro de Interpretación da Idade Media. Todos eles en Allariz. O concello traballa en completar a oferta municipal de museos e incrementar a recadación destes espazos. O museo da moda estará situado no antigo torreón dos CastroOxea; as 10.000 imaxes do fotógrafo alaricano Xosé Suárez estarán nunha galería, mentres que o Centro de Intepretación da Idade Media de Allariz (CIMA) estará no Monte do Castelo que está por rematar. Canda estes tres centros alaricanos, hai outra proposta de apertura para este ano. Será no mes de abril en Mondoñedo cando abra un centro con obras precolombinas, pinturas e escultura españolas desde o século XI ata o día de hoxe. Trátase dunha iniciativa privada que pretende exhibir as obras dos irmáns San Cristóbal, un deles monseñor en Lima durante mais de 50 anos e o outro, fundado do museo existente na Catedral de Mondoñedo. Agora pretenden exhibir as súas coleccións privadas para o que están a remodelar, con axuda da Xunta, a casa natal dun dos irmáns.
Arte: a presenza en feiras
ARCO, a feira de galerías máis destacada do Estado, acaba de facer público o listado de galerías que compoñen o seu renovado programa expositivo. No panorama xeral haberá tres galerías galegas: as viguesas Adhoc e Bacelos, xunto coa santiaguesa SCQ. As apostas destas galerías pasa por destacar a obra (tal e como esixe a organización este ano no seu intento de reforzar o papel de investigación das galerías) de Carme Nogueira, Miguel Palma e Rui Chafes, respectivamente. Non é a única participación galega do encontro, xa que a obra doutros artistas estará presente grazas a outras galerías. A cita coa arte contemporánea será en Madrid do 15 ao 19 de febreiro.
A coñecida Ángela de la Cruz, finalista dun premio Turner, estará no panorama xeral por ser a artista destacada da galería Krinzinger de Viena. Outro galego, o santiagués, Rubén Ramos Balsa estará outro ano máis na cita da man da galería Fúcares de Madrid.
Os organizadores da feira continúan co apretado calendario de presentación para incrementar a proxección internacional deste encontro. Despois da presenza en Bruxelas, Estambul, Bogotá e Ámsterdam, faltan Miami, Lisboa e Barcelona no circuito promocional prefixado. Polo demais, no que atende á estrutura do programa, este ano ARCO olla cara a arte creada polos Países Baixos, dos que ofrecerá 14 galerías. Con todo, este territorio estará máis representado, grazas a un amplo programa de actividades que artellan outras entidades (Museo Reina Sofía, La Casa Encendida, CaixaForum) de xeito paralelo á exposición. Os Solo Projects achegaranse á creación artística latinoamericana e, ao mesmo tempo, 22 galerías de recente creación exhibirán as súas propostas no marco da sección Openings. Unha sección na que comisario e responsable de seleccionar as 23 galerías, é o galego Manuel Segade.