O Concello de Pontevedra organiza uns itinerarios seguindo a obra de Sarmiento por Pontevedra, Cerdedo, Vilaboa e O Castrove

Faise camiño ó andar

Seguindo os pasos de Sarmiento. Con este cometido o Concello de Pontevedra organiza uns peculiares roteiros, unha iniciativa entre lúdica e cultural coa que pretende dar a coñecer a figura do Padre Sarmiento. A pé e en autobús, todos os que queiran poden seguir os pasos do frade poden facelo o domingo que vén no terceiro dos “Camiños de Sarmiento”.

Aínda que o Día das Letras Galegas xa pasou, a homenaxe a Sarmiento dura todo o ano gracias ó chamado “Ano Sarmiento”. E un dos concellos que máis se moveu na recuperación e na difusión da obra do frade benedictino foi o de Pontevedra, que programou durante os doce meses unha gran cantidade de actos culturais para dar a coñecer unha pequena parte de toda a extensa obra que deixou o Padre Sarmiento.



A última en incorporarse ó cartel de actos foi un itinerario cultural que pretende ir seguindo os pasos que o frade benedictino nos deixou no seu legado para, de paso, dar a coñecer o entorno do concello de Pontevedra. E os camiños que organizou o concello están asentados en dous piares: un urbano no que se pretende ir descubrindo os edificios da cidade do Lérez que tiveron, dun ou doutro xeito, relación co Frade. E por outra banda outro itinerario que pretendía dar a coñecer o patrimonio cultural e natural da comarca de Pontevedra segundo as marcas que foi deixando en algunhas da súa extensa obra.



Con Sarmiento pola cidade


Malia que Sarmiento non naceu en Galicia (senón en Vilafranca do Bierzo en 1965) a súa infancia transcorreu, maior parte da súa vida desenvolveuse na cidade do Lérez, logo de que o seu pai se trasladase alí por motivo de traballo. E foi así como a cidade desenvolveu unha pegada importante nel que no Roteiro Sarmiento se pretende destacar. Así este roteiro que duraba aproximadamente noventa minutos e que pretendía achegar ó cidadán desde unha mostra que se exhibía no Pazo de Mugártegui e a exposición documental do Museo de Pontevedra, ata a casa familiar e o carballo centenario de Santa Margarida (que foi o símbolo do ano Sarmiento e que pretendía representar o compromiso de Sarmiento con Galicia).




Con Sarmiento polo entorno de Pontevedra


Pero Sarmiento foi, ante todo, unha persoa preocupada pola toponimia, a xeografía e as preocupacións pedagóxicas, un feito que lle fixo coñecer o entorno próximo a Pontevedra e do que deixaría constancia nas súas obras.



E nesta faceta afondan os “Camiños de Sarmiento” organizados en tres rutas dominicais comezaron o día 10 deste mes de novembro. A seguinte e última saída é o domingo 24 e irán desde o Lérez, ata Xunqueira de Gándara, ó mosteiro de Poio para rematar no Castrove. Nas anteriores visitas fixéronse recaladas en Mourente (Santa Margarida e Castrosenín onde se atopan restos dun castro citado por Sarmiento nos seus escritos), Bora, Tenorio (para ver o Mosteiro, onde Sarmiento se refuxiou polas monxas de Santa Clara, cando en 1702 os ingleses saquearon Pontevedralogo de vencer na Batalla de Rande), Cerdedo (no pazo das Raposeiras) en Tomeza (San Cibrán). Son os roteiros un exemplo de iniciativa cultural que serve para difundir o legado e a obra ó mesmo tempo que se goza do medio ambiente. Como punto final do acto desde o Concello teñen previsto publicar o libro “Os camiños de Sarmiento. Itinerarios polo patrimonio cultural da comarca de Pontevedra”.




Os roteiros iniciativa cultural en alza


Aínda que os roteiros son, en orixe, unha iniciativa cultural, está máis preto de ser unha actividade lúdica que pedagóxica. É unha forma de adentrarse a coñecer o entorno que o rodea pero acompañado dun simbólico guía, unha personalidade cultural. Da man de Rosalía fomos por Padrón, con Cunqueiro recuperamos Mondoñedo, con Blanco Amor polas rúas de Ourense recordando as páxinas da Esmorga. Esta fin de semana camiñamos por Pontevedra e o guía no noso camiñar foi a obra do Padre Sarmiento.