Durante xaneiro e febreiro, o Consello da Cultura Galega publicará na súa Mediateca dixital os 16 primeiros volumes da colección "As Nosas Voces", a liña editorial coa que o Arquivo Sonoro de Galicia fixera públicas destacadas intervencións, conferencias e entrevistas dalgunhas das figuras máis importantes da cultura galega do século XX e que o ASG foi recuperando ao longo dos anos. A colección orixinal, en cassete e descatalogada, poderá ser de novo consultada en culturagalega.org e na Mediateca do CCG, agora convertida en formato dixital. Persoeiros tan senlleiros como Eduardo Blanco Amor, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Suárez Picallo, Rafael Dieste, Celso Emilio Ferreiro ou Ánxel Fole poderán volverse a escoitar na súa voz orixinal. Cada semana, o CCG e culturagalega.org publicará dous volumes.
A iniciativa de dixitalización comeza con Álvaro Cunqueiro, pechando así as accións do CCG en relación ao centenario do nacemento do escritor mindoniense. Trátase da conferencia "A realidade histórica de Galicia", que pronunciou o escritor no Centro Galego de Lisboa en 1971. Este foi o volume 10 da colección "As nosas voces" do Arquivo Sonoro de Galicia.