O importe máximo que a Xunta achegou para axuda a promoción, produción e edición do libro galego no que se refire á tradución (doutras linguas para o galego e viceversa) foi de 6.000 euros por tÃtulo. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a relación de beneficiarios desas axudas, nas que as contÃas máis altas foron para o Cancioneiro de Petrarca, no que foi a tradución para o galego. No tocante a tradución a outros idiomas de obras orixinarias na nosa lingua, foron Que me queres amor de Manolo Rivas, Pirata de MarÃa Reimóndez ou Land Rover de Suso de Toro dos que recibiron a máxima contÃa. En total achegáronse preto de 200.000 euros entre 26 editoras. É Reverso Comunicación e Cultura S.L, a que recibe a cifra máis alta, con 24.410.19 euros para unha vintena de proxectos.
A convocatoria desta liña de axuda supón un terzo do que se viña destinando a este fin, de tal xeito que descendeu dos 300.000 euros de edicións anteriores a 200.000. Con respecto aos criterios esablecidos este ano, na convocatoria deste ano préstase especial atención a apoiar obras de interese cultural vencelladas a aniversarios e centenarios que se celebren no perÃodo sinalado
Resolución axuda promoción, edición e difusión do libro galego para tradución.A convocatoria desta liña de axuda supón un terzo do que se viña destinando a este fin, de tal xeito que descendeu dos 300.000 euros de edicións anteriores a 200.000. Con respecto aos criterios esablecidos este ano, na convocatoria deste ano préstase especial atención a apoiar obras de interese cultural vencelladas a aniversarios e centenarios que se celebren no perÃodo sinalado