A edición en lingua galega de recursos didácticos para ensino non universitario é o obxecto da orde de axudas da ConsellarÃa de Educación que publicou onte o Diario Oficial de Galicia. En total, destÃnanse 300.000 euros para este fin segundo recolle o anuncio, o que consolida tendencia descendente desta partida, que na anterior convocatoria contara con 400.000 euros. Precisamente esta liña de axuda fora suspendida o pasado mes de setembro por mor dos recortes orzamentarios.
A actual orde apunta, en todo caso, que a concesión destas axudas queda supeditada á "existencia de crédito axeitado e suficiente para tal fin nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012", polo que tampouco está garantida que cheguen a se concretar.