Supresión das axudas ás entidades locais, rebaixa nas subvencións as industrias culturais, anuncio da posibilidade de que non se conclúa a Cidade da Cultura, queixas continuada do sector das artes escénicas e audiovisual
. Se lle aplicaramos un balance contable ás políticas culturais do ano, teriamos unha ecuación chea de restas, apuntes e números vermellos. Canda as cifras, este ano 2011, tamén deixa nomes propios: os de Álvaro Cunqueiro e o de Lois Pereiro que catalizaron boa parte das actividades.
Malia que o contexto de crise económica co que comezou o ano non apuntaba grandes alegrías para o sector cultural, co caer dos días no calendario, fóronse perfilando, corrixindo e mesmo definindo algunhas políticas culturais. Un ano que pode marcar un punto de inflexión e moitas das actividades que se consolidaron nos últimos lustros.
A tesoura
Comezamos polas eliminacións. Convocatorias que se publicaron no Diario Oficial de Galicia (DOG) e que no mesmo DOG se suprimiron. Dunha banda están as axudas que a Consellaría de Educación publicaba en marzo para a edición de libros de texto en galego ("edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios") e de apoio á normalización para concellos (subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega) meses despois de ser convocadas quedaron "sen efecto". ¿Os motivos? O propio texto apelaba ao "necesario equilibrio entre ingresos e gastos" que "esixe nestes momentos efectuar un axuste nos créditos inicialmente asignados aos diferentes centros de gasto que conforman os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia". Ademais, responsabilizou o goberno central da falta de fondos, indicando que a medida se adopta "ante os posibles incumprimentos, por parte do Estado, dos compromisos de achegas de anticipo do fondo de cooperación previsto para 2011 no sistema de financiamento e nos ingresos da comunidade". Non foi a única que suprimiu, xa que no mes de setembro, o goberno publicou no DOG unha resolución que deixaba sen efecto as axudas a concellos para o equipamento e mellora de locais destinados a actividades culturais (600.000 euros achegados polos fondos Feder da Unión Europea) e as axudas a asociacións culturais para desenvolver as súas actividades (300.000 euros). En total 900.000 euros que imposibilitou centos de actividades e accións do asociacionismo de base polo país.
Neste 2011 tamén se suprimiu a Feira Galega das Artes Escénicas. Despois de dezaoito anos de celebración ininterrumpida, o recorte orzamentario tamén chegou a este encontró pensado para que programadores e distribuidores coñeceran de primeira man os espectáculos escénicos da temporada. Tras tensas e continuadas reunións entre Agadic e o sector escénico e cultural desenvolvidos durante os meses, ao final houbo unha mostra de artes escénicas con xestores culturais e programadores unicamente galegos. A redución de 180.000 euros da edición de 2010 a 50.000 para este ano, foi a principal causa que motivou este cambio de modelo.
No tocante aos recortes, neste ano non houbo unha convocatoria inicial cunha posterior corrección de erros rebaixando as contías, senón que xa se partiu dunha cifra inferior. No que afectou as industrias culturais, convocáronse neste 2011 cos mesmos obxectivos (incrementar público, consolidación das industrias e procurar a excelencia), modalidades (salvo que eliminan as axudas ao asociacionismo profesional neste sector, mantéñense o resto) cun importe de 1.370.000 euros, que supón 730.000 euros menos que na anterior edición (en 2010 a convocatoria foi inicialmente de 2.290.000 euros, que se reduciu a 2.100.000 euros nunha corrección de erros posterior). Se pechamos o foco e miramos cara o sector audiovisual, a situación está nos mesmos parámetros. Agadic rebaixou en 85.000 euros as partidas destinadas a curtametraxes en versión orixinal galega (rodaxe e/ou gravación en lingua galega) máis videoclips co obxectivo de estimular a creación de novos profesionais da industria audiovisual galega. A este epígrafe concreto, este ano concedéronse 115.000 euros. Pero a rebaixa máis grande tivo lugar na convocatoria de produción ou coprodución audiovisual en lingua galega, que pasou de 4.9 millóns de euros en 2010 a 2.9 neste 2011. Malia a contía, mantiveron os mesmos parámetros de valoración (contidos culturais, o galego como lingua de rodaxe e primar a presenza de mulleres no equipo, entre outros).
Para completar o repaso da situación das artes escénicas e audiovisual deste ano, hai varios feitos que compre non deixar de lado. Dunha banda, están as continuadas accións de protesta do sector das artes escénicas e do audiovisual (que mesmo chegou a se reunir co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo) reclamando desde unha política unificada no sector audiovisual, ata o pagamento das facturas por parte da Administración de bolos xa realizados como unha maior consideración para estes sectores. Da outra parte, está un nome propio, o de A ópera dos tres reás que se converteu no espectáculo do Centro Dramático Galego máis visto tanto en Galicia como no resto do estado. Unha aposta de Blanca Cendán, que contou cun equipo de luxo (Luis Tosar, Muriel Sánchez, Mónica de Nut, Marcos Orsi .baixo a dirección de Quico Cadaval) que contou con 19.700 espectadores en 34 funcións.
Os anos de
Valle Inclán, Lois Pereiro, Álvaro Cunqueiro, Castelao . Todos eles foron, por diferentes motivos, protagonistas neste 2011. E a súa presenza en actividades institucionais foi tamén bastante desigual. Comezamos por Lois Pereiro, homenaxeado no día das letras galegas deste ano, que supuxo a revolución no día das letras cunha importante pegada e implicación por parte da cultura de base. Non cabe dúbida de que as peculiaridades literarias e biográficas de Pereiro facilitaron en boa medida que a celebración deste ano fose especial. A base social e organizativa de todo este tecido cultural viuno como algo propio e multiplicáronse tanto as actividades, como os formatos dunha celebración que antes se consideraba como algo caduco e reducido a unha serie de actividades institucionais. Vídeos e documentais, artes escénicas, performances, recitais, festivais musicais .unha extensísima presenza na rede revitalizou esta festividade que haberá que agardar a novas edicións para ver se a tendencia xa iniciada con homenaxes a persoeiros como Uxío Novoneyra, Xosé María Álvarez Blázquez ou Ramón Piñeiro, se mantén ou se debeu a outras circunstancias.
O outro nome propio foi o de Álvaro cunqueiro. Co gallo do centenario do seu nacemento programáronse congresos, exposicións, representacións teatrais, tertulias e diferentes iniciativas que pretendían desempoar a figura dun dos escritores máis ilustres da literatura galega. Neste 2011 tamén se cumpría unha data redonda doutra figura destacada para a cultura galega: o 125 aniversario do nacemento de Castelao. A efeméride comezou con lea no Parlamento, pola denuncia expresa da deputada nacionalista Ana Pontón de ningunear a súa figura. Un exposición e algún acto institucional celebraron a cita que tamén rematou con lea no Parlamento pola tipoloxía de Ben de Interese Cultural que recibiu a súa obra. Despois da incoación de expediente, o consello da Xunta do pasado venres 23 de decembro, aprobou a declaración de BIC para a súa obra, pero de carácter inmaterial, sendo o primeiro dos bens que obtén esta declaración.
Non é un nome propio, pero este 2011 tamén foi o Ano da Música. Unha celebración que pasou diluída entre todas as actividades organizadas por parte da Consellaría de Cultura que, se limitou a etiquetar con esta denominación propostas que xa se estaban a desenvolver en anos anteriores.Como novidades para esta celebración figuraba o Peque Classics, para achegar aos máis pequenos o ámbito musical. Con todo, tamén se anunciaron os Premios da Música Galega (que contarían cun xurado independente con representación dos diferentes axentes do sector e onde cada galardón contaría co nome dun trobador medieval da tradición galego-portuguesa), que ao final se crearán no 2012 e non este ano como estaba previsto inicialmente.
Dentro das grandes efemérides do ano destacou o 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago. Cun orzamento de 2,5 millóns de euros programáronse exposicións (Compostela do Século XIII, o patrimonio do templo ou o ceremonial litúrxico da catedral), concertos de música clásica (festival Via Estellae, o Festival de Músicas Contemplativas, o curso Música en Compostela, o Compostela Organum Festival ou o certame Gastronómico Santiago (é)tapas) compoñen o eixo das actividades culturais e preto duns 6 millóns de euros se destinaron a restauración no propio templo (a recuperación da fachada da Praza da Inmaculada e a apertura ao público da Casa do Cabido). Tamén recuncaron neste aniversario propostas como o Congreso de Literatura de Viaxes, ou o Galicia Classics, que tamén facía parte do programa do Ano da Música.
A cidade ¿inconclusa?
A Cidade da Cultura estreou neste ano a súa programación. Typewriter, os Atardeceres no Gaiás, Peque Classics, a Cidade Imaxinaria, o Ceo das Letras e a maior parte das roldas de prensa da Consellaría de Cultura. En total, a altura de outubro (cando o conselleiro acudiu ao Parlamento a explicar a actividade), desenvolvéronse 173 actividades, a maior parte das 76 formacións e 271 artistas e profesionais que interviron foron galegos. Ademais, apuntou que o 95% das empresas de xestión cultural e industrias deste tipo coas que se contou para a organización destes eventos tamén foron do noso país. En canto a cifras, desde a posta en marcha do programa desenvolvéronse un total 1.178 visitas guiadas, o que supuxo preto de 43.000 persoas, que canda ás asistentes aos diferentes espectáculos que se programaron no monte e mais outros visitantes, bota un saldo aproximado de 291.729 persoas, segundo as cifras facilitadas pola Fundación Cidade da Cultura.
Con todo, neste 2011 tamén se advertiu sobre a posibilidade de non finalizar o Centro da Música e das Artes e do Centro de Arte Internacional, os espazos que faltan por construír. A idea comezou a tomar corpo, desde que se anunciou o custe de adiar a execución deses edificios (licitadas polo goberno en funcións en 2006). En total 447.000 euros supuxo paralizar temporalmente estes espazos (151.00 euros por retiradas de materiais, cen mil fixos por actuacións derivadas da suspensión -que se recuperarían de continuar co proxecto porque están en concepto de adianto de obra-, máis seis mil euros mensuais de mantemento mentres non se toma unha decisión definitiva, segundo figuraba nunha nota de prensa remitida no seu momento pola consellaría de Cultura). Unha decisión que prevé se tome en 2012.
De motores culturais a meros edificios
Ao lado de numerosos auditorios e infraestruturas municipais que se remataron este ano que, co gallo das eleccións do mes de maio, viron paralizados os proxectos. O exemplo máis paradigmático desta situación pode ser o que lle aconteceu con Ágora, o edificio cultural sito na Coruña. O seu antigo director, Manuel Olveira, deseñara unha programación cultural que chegou mesmo a estar colgado no sitio web e que ofrecía propostas que mesturaba o aspecto cultural co social do centro con obradoiros, salas de exposicións, teatro... Pero co cambio do goberno, foi cesado do seu posto e o espazo (que nunca chegou a estar inaugurado oficialmente) deixou en standby todas as actividades que estaban programadas incialmente. José Luis Rodríguez, o seu actual director, está pendente de presentar a programación e poñer a andar un centro do que se chegou a barallar incluso como sede para o Centro Coreográfico Galego.
O efecto rebote: da fusión-bancarización
Primeiro chegou a fusión das Caixas galegas (CaixaGalicia e Caixanova), co que a súa actividade cultural quedou á espera do que acontecía coa nova entidade: NovaGalicia Banco. Pero despois chegou o proceso de bancarización e, co novo panorama, comezaron a paralizarse proxectos. A fundación (agora chamada NovacaixaGalicia Claudio San Martín) mantén unha actividade mínima e mesmo chegou a abrir algún dos seus espazos previstos (o auditorio do Preguntoiro en Santiago de Compostela) e pechar outros (a aula cultural de Carreira do Conde tamén en Santiago). Nos últimos tempos, limítase a continuar coa actividade das súas sedes ao tempo que anuncia a súa saída doutras entidades, como foi o anuncio de abandono do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, onde chegou a aportar 300.000 euros.
Neste ano tamén se presentou un informe relevante para definir a polícita cultural no futuro. Trátase do Informe sobre as Fundacións Culturais de Interese Galego elaborado polo Consello da Cultura Galega. Este traballo, realizado por encarga do Goberno Galego, analizaba por vez primeira de xeito sistemático a situación legal e real deste ámbito, e sinala a debilidade de moitas destas entidades. En total hai 520 fundacións de interese galego (Unha cuarta parte delas, 145, están dedicadas ao campo cultural, moi por diante do ámbito asistencial e social (16,4%) ou do industrial (12,3%), cunha gran heteroxeneidade e moitas diferenzas entre elas. No informe ofrécense algunhas propostas como reformas legais para controlar mellor a viabilidade das mesmas ou singularizar algunhas da fundacións máis importantes para o país.