Roberto Varela, conselleiro de Cultura, explicou onte no Parlamento os plans da Administración para as bibliotecas públicas en 2012. Varela explicou que no 2012 se van "incrementar os fondos destinados ás bibliotecas municipais, dotaranse de coleccións básicas a seis bibliotecas de novas creación, aumentarase en 150.000 euros a dotación para as novidades e se incrementará un 100% o investimento en actividades de animación á lectura e en servizos de devolución 24 horas.
O Conselleiro tamén anunciou a creación da Biblioteca Central de Préstamo, unha entidade de apoio áos centros locais que "ofrecerá ás bibliotecas públicas diversos servizos de préstamo (maletas viaxeiras, de lotes para clubs de lectura, para profesionais, etc) co obxectivo de racionalizar e redistribuÃr recursos". A do apoio aos clubes de lectura será, segundo a ConsellerÃa, unha das competencias máis importantes da Biblioteca Central de Préstamo. Será un "servizo centralizado de adquisición e préstamo colectivo de lotes a clubs de lectura das bibliotecas públicas. Será un servizo de moita utilidade para as bibliotecas públicas, xa que non adquirirán, non procesarán, non conservarán e non prestarán a outras bibliotecas obras para clubs de lectura".