De papiroflexia, de fotografÃa, de teatro, de suminagashi, de consumo responsableÂ… os obradoiros son a actividade estrela das programación do Nadal. Alén dos tradicionais concertos de reis a cargo de formacións municipais (orquestras e/ou bandas) pensados para un público máis familiar, a maior parte dos esforzos de programación destas datas poñen o acento nos en converter as vacacións propias destes dÃas, en actividades didácticas moi divertidas para os máis pequenos.
Son múltiples e moi variadas as actividades que fan parte das programacións que comezarán nos vindeiros dÃas co gallo das festividades de Nadal. Como adoitan ser actividades previstas para público infantil combinan o aspecto lúdico co didáctico nas súas programacións. AÃnda que boa parte das actividades programadas abordan a temática desta época, é certo que cada vez máis, os organizadores buscan achegarlle, dun xeito creativo, a súa liña de traballo habitual. Revisamos algunhas das propostas programadas para os vindeiros dÃas:
A Fundación Barrié
A Fundación Barrié programa para a última semana do ano o "Campamento de Nadal", unha actividade de balde que permite a nenos de entre 6 e 13 anos mergullarse na arte contemporánea, experimentado o pracer de facer trazos, encher de cor e descubrir técnicas novas. Unha forma de dar a coñecer a colección de Pintura Internacional da entidade.
Non é a única actividade que ten prevista para esta época, xa que a Fundación Barrié e o Banco Pastor ofrecerán o 4 de xaneiro de 2012 (Palacio da Ópera da Coruña, 20:30 horas), o tradicional Concerto de Reis cun programa a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia, coa dirección de VÃctor Pablo Pérez. No repertorio inclúen pezas de Dvorák e Mozart, acompañados pola soprano Sabina Puértolas, a mezzosoprano Marina RodrÃguez, o tenor AgustÃn Prunell-Friend e o barÃtono José Antonio López
A Asociación de Bolseiros da Fundación programa para o luns 26 de decembro a súa xornada de Nadal, aÃnda que o ámbito temático non ten nada que ver coa festividade. Nesta ocasión, o tema é "Océanos azuis: aproveitando as oportunidades da crise", para coñecer casos de empresas e emprendedores con éxito neste sector.
Centro Galego de Arte Contemporánea
O CGAC propón para este nadal dúas actividades. Unha delas chámase Descoberta fotográfica no que o fotógrafo Fuco Reyes aproveita a exposición actual (a de Jeff Wall) para experimentar co medio fotográfico, descubrir os seus segredos e potenciar a creatividade dos nenos e nenas de 10 e 12 anos. A outra actividade é unha expedición “fantástica á Cidade de Pedra”, no que unha arquitecta, Ruth Varela, descubriralle aos nenos de entre 7 e 9 anos unha viaxe no tempo polos edificios e lugares emblemáticos de Compostela. Ambas as dúas propostas desenvolveranse en horarios de 11 a 13 horas.
A Agadic: a través do Salón Teatro
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) programa a través do seu espazo propio, Salón Teatro, a súa habitual Mostra de Teatro Infantil. Do luns 26 ao venres 30 haberá unha proposta diaria pensada para os máis pequenos. Teatro do Andamio (Area e auga), Artello Teatro Alla Scalla (Cinderela Mix), Mocergo Teatro (O gato manchado e a andoriña Siñá), Fantoches Baj (Fábula Galénica), Teatro do Noreste (Piratas) conforman o programa desta edición.
Macuf
Entre as propostas deseñada polo Macuf para este Nadal, está un obradoiro interpretativo no que os nenos convértense en actores para ofrecer unha viaxe espazo-temporal no que irán descubrindo as distintas relacións dos nenos cos seus xoguetes e coa maxia do Nadal. A interpretación, o canto, a danza, a expresión corporal e a mÃmica cobra tanta importancia como os decorados, vestiario e atrezzo neste obradoiro familiar. A proposta rematará cunha función aberta no auditorio do Museo. A actividade está programada en horario matinal e dirixida por tres profesionais de contrastada experiencia escénica.
A rede museÃstica de Lugo
Lugo ten máis de 100 quilómetros de costa cunha importante tradición mariñeira, e o Museo do Mar de Lugo quere facer valer esa realidade programando obradoiros que permitirán realizar un traballo plástico que emprega a técnica do suminagashi (papeis tinguidos ou pintados por flotación). Non será a única actividade desta entidade que, ademais da recollida de xoguetes en colaboración coa Cruz Vermella, acollerá a representación da obra “A barberÃa do Pallarego” polo Grupo de Teatro Infantil “Érase unha vez…”de Mondoñedo; asà como un obradoiro de fotografÃa para cegos.
A Deputación de Lugor aproveita tanto o pazo de Tor, edificación erguida por nobres fidalgos sitas na parroquia de Tor; como o museo etnográfico de San Paio de Narla, para organizar varios obradoiros para todas as idades (nenos e nenas, pais e nais, avós e avoasÂ…). No primeiro caso tentarán revivir a paixón da dona do pazo, dona Paz Taboada de Zúñiga, polo vestiario e as coleccións artÃsticas de abanos, zapatos. Mentres que no segundo buscarán a linguaxe dos canteiros e signos lapidarios na Torre de Xiá, xogos de realidade alternativa, música, literatura, programas de radio, de vestiario, de instrumentos de música tradicionalÂ…
Pola súa banda, o Museo Provincial aproveita os seus recursos para facer obradoiros que permitirán descubrir a ourivesarÃa, obras que ten o museo relacionado co Nadal, ou as coleccións. Ademais, tamén haberá exposicións itinerantes e iniciativas solidarias de recollidas de xoguetes propias desta época.
A Coruña e o seu consumo responsable
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) de A Coruña organiza a primeira edición de “La Navidad está en tus manos”, un obradoiro para nenos de entre 4 e 8 anos. O obxectivo desta actividade é orientar sobre a responsabilidade no consumo, nunhas datas nas que están moi presentes os adornos e os agasallos. O concello tamén programou o concerto de Nadal da Banda Municipal , asà como o certame “Encontro de Música do Nadal” que acolle o Teatro RosalÃa.
En Santiago: o Nadalxogo
Coa inscrición xa pechada (faise polo mes de novembro) o multiusos do Sar de Santiago convértese no epicentro das actividades previstas para nenos. Os inscritos poderán participar en actividades de música, danza, animación á lectura, educación ambiental, papiroflexia, cociña ou artes plásticas. Canda estas actividades tamén realizarán itinerarios pola cidade, perfeccionarán a súa técnica en diversos deportes e divertiranse con xogos populares e tradicionais. Aproximadamente uns 270 nenos participarán neste encontro que organiza o Concello de Santiago e que está pensado para os máis pequenos.
Novacaixagalicia
A Fundación Novacaixagalicia, Claudio San MartÃn, organiza diferentes obradoiros relacionados con algunhas das exposición que teñen en marcha neste memonto. Asà na Coruña, a propósito da exposición sobre o antigo Exipto, a fundación achegará aos nenos ao secretos da escrita xeroglÃfica. En Santiago, aproveitando a exposición da paisaxe nórdica do Museo do Prado, ofrecen actividades relacionadas con estas propostas.
En Ferrol, a entidade ten prevista tres actividades moi relacionadas coa época do ano. Nunha proposta pretenden convereter a sala de exposicións nun xornal xigante confeccionando coas novas do 2011; noutra buscará que os máis pequenos descubran os recunchos da sede e, en terceiro lugar, fará “unha viaxe fantástica descubriranos os misterios que levan centos de anos soterrados agardando que alguén os atope…” a propósito dos Reis Magos de Oriente. Entre outras actividades que está programada é a celebración do concurso de beléns e o Festival de Panxoliñas que cumpren 46 edicións fieis ao nadal vigués.