Entréganse os premios Rosalía e Francisco Fernández del Riego

Premios por escribir

O PEN Club de Galicia entregará ás oito desta tarde os III Premios Rosalía de Castro en recoñecemento á traxectoria de autores portugueses, cataláns e bascos. Pola súa banda, os gañadores do certame Francisco Fernández del Riego recollerán en Lugo os seus premios

Rosalía de Castro




O premio Rosalía de Castro recaeu este ano na portuguesa Sophia de Mello, no catalán Pere Gimferre e no basco Anjel Lertxudi, pola súa traxectoria profesional no eido da escritura. O acto, que se celebrará a partir das oito da tarde no Salón Nobre de Fonseca, en Compostela, estará presidido polo rector Darío Villanueva e contará coa presencia do poeta Arcadio López Casanova.













Fco. Fernández del Riego



María Xesús Lemos Bouzas, na categoría de 14 a 17 anos foi a gañadoras do Certame Literario Francisco Fernández del Riego da modalidade de poesía na categoría de 14 a 17 anos. Mª Xesús Lemos recibirá 50.000 pesetas, un lote de libros, unha figura de Sargadelos e asistencia gratuíta ós actos da Campaña de Verán 2001 da Consellería. O acto de entrega dos premiso celebrarase en Lugo, e nel estará presente a conselleira de Famlilia, Muller e Xuventude, Manuela López Besteiro.