
“Estes traballos enmárcanse, apunta unha nota de prensa do Consorcio de Santiago, no proxecto global de actuación cultural que o Consorcio está a levar a cabo na praza das PraterÃas, xunto coa remodelación do edificio do antigo Banco de España para a súa adecuación como sede principal do Museo das Peregrinacións e de Santiago”.
Uso público
Esta reforma permite incorporar á oferta cultural da cidade de Santiago 627 metros (repartidos entre o baixo cuberta, pranta baixa e dous andares), que pretendeu recuperar a maior parte de vigas e pezas de madeira orixinais, asà como a adaptación do edificio a persoas con mobilidade. O edificio abrirá ao público cunha exposición que recreará a Compostela de 1211, ao encadrarse nos actos programado para celebrar o oitavo centenario da consagración da Catedral.
Este edificio forma parte da paisaxe santiaguesa, serviu de inspiración a Valle-Inclán no conto A miña irmá Antonia e, na súa contorna rodouse o filme de Antón Reixa, O lapis do carpinteiro.
A transformación do Cabido
Foto: Fuco Reyes

Foto: Fuco Reyes.

Foto: Fuco Reyes.

Foto: Fuco Reyes.

Foto: Consorcio de Santiago
