Se hai un belén navideño por excelencia ese é o Crebanoces. Composto por Tchaikovski, conta as aventuras de Clara Stalbaum, unha nena burguesa que esperta a noite de Nadal na súa casa e atopa unha batalla entre o crebanoces con forma de soldadiño de chumbo que lle regalou seu padriño contra o malvado Rei dos Ratos. É un dos títulos máis representandos do ballet clásico pero tamén unha das apostas do Centro Coreográfico Galego que pode converterse na gran produción desta unidade para o 2012.
O proxecto de facer o Crebanoces en Galicia comezou a xestarse desde o mesmo momento no que Mercedes Suárez fixo valer o seu currículo para dirixir o Centro Coreográfico Galego, a unidade de produción de danza do Centro Coreográfico Galego. Tras varias tomas de contato, o proxecto comezou a materializarse a principios de 2011 coa intención de ser a gran produción do centro para 2012. Co propósito de facelo con música en directo comezaron as negociacións coa Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) que estivo implicado na proposta desde o primeiro momento.
A participación da OSG non chegou a plasmarse de xeito oficial e por escrito aínda que estivo sobre a mesa ata tal punto que chegaron a barallarse datas para estrear a proposta. Segundo fontes consultadas, primeiro apuntouse o Festival Mozart, aínda que tamén se prevé programar algunha función nunha época acorde coa temática do espectáculo, para Nadal de 2012. Entra aquí un novo factor, xa que a OSG acaba de cambiar de xerente e, tendo en conta que as negociacións se comezaron con Oriol Ponsa, terá que ser Andrés Lacasa Nikiforov quen ratifique o proxecto. Desde a Sinfónica de Galicia confirman que o proxecto está enriba da mesa, pero dentro das cousas que deberá decidir e aprobar o novo xerente canto se incorpore ao seu posto, o vindeiro 2 de xaneiro.
De concretarse, non será a primeira colaboración destas dúas entidades, xa que na última edición do Festival Mozart xa se incorporou o ballet na programación, ao programar a representación do Lago dos Cisnes con coreografía de Marius Petipa e Lev Ivanov, revisada por Ángel Corella. No marco deste festival houbo unha clase maxistral do bailarín Corella nas instalación do Centro Coreográfico e, tamén a participación de bailaríns da unidade de Agadic na posta en escena da montaxe La clemenza di Tito (produción que, por outra parte, implicou a colaboración do Consorcio de Santiago, coa Real Filharmonía de Galicia).
Nesta liña de traballo para este proxecto, o Centro Coreográfico Galego convoca para o vindeiro 22 de decembro, unha audición coa intención de coñecer o perfil e preparación dos futuros bailaríns do país que podería formar parte do proxecto. Segundo unha nota de prensa de Agadic,as audicións permitirán obter unha clasificación previa dos participantes en función dos seu niveis, idades e procedencias, de xeito que en cada nova posta en escena do espectáculos se incorporen prioritariamente os seleccionados que cursen estudos nas escolas e conservatorios máis próximos á localidade onde se desenvolva a función. Os estudantes subirán ao escenario como parte do amplo elenco deste clásico, universalmente coñecido como unha das obras a través das que achegar o ballet aos máis pequenos. O Crebanoces é, un dos ballets máis populares e representados do mundo, con música de Piotr Tchaikovski, e tamén un espectáculo que precisa dun gran número de intérpretes, nos que coreografía e execución musical se reparten protagonismo.
O presente inmediato
Os recurtes orzamentarios chegan tamén á partida do Centro Coreográfico Galego e, á falta de concretar cal será a cifra exacta da que dispón a unidade para o seu funcionamento en 2012, aprécianse seleccionadas propostas que están á marxe de producións e coproducións. Esas colaboracións puntuais, en proxectos e pequeno formato ten un exemplo moi concreto nunha actividade que tivo lugar esta fin de semana en Silleda. É o caso de A sinfonía das fábulas, unha proposta multidisciplinar elaborada Banda de Música municipal, á que o CCG achegou unha peza. Inspirándose na fábula de Esopo A lebre e a tartaruga e a partir do terceiro movemento de A sinfonía das fábulas, dous bailaríns (Elena Chamorro, no papel da lebre, e Miguel Ángel Ponte, no da tartaruga) interpretaron unha peza que a ritmo de movementos clásicos e contemporáneos tentaron trasladar a velocidade e axilidade da lebre e a lentitude da tartaruga. Son actividades puntuais que, tendo en conta que o CCG non ten un corpo de bailaríns estable por cuestións administrativas, permitiría manter un maior volume de actividade.
A actividade escénica habitual do centro (deixando a parte os cursos de formación) para principios do primeiro semestre están previstas novas función de de 3DTres, a produción propia que o Centro Coreográfico Galego preparou e estreou para 2011. Os coreógrafos Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun asinaron, respectivamente, as pezas Honey Moon, Dulce memoria e Magnificat, que foron creadas ex profeso para este proxecto que xa se viu en Coruña, Vigo e Pontevedra.
Por outra banda, entre os espectáculos previstos no calendario destaca, na primeira quincena de maio 2012, a estrea de Gharbo!, a única coprodución do Centro Coreográfico para este ano. A falta de apoio financeiro, minimizou a presentación de proxectos de coprodución por parte das compañías e ao final este tipo de acción contará cunha única achega. Este espectáculo, da compañía Contra2 e presentado por Nelson Quintero Roa, contará con músicos, vestiario, instalación, técnicos e asesoramento da unidade dirixida por Mercedes Suárez.
A sede
Na historia recente da curta traxectoria Centro Coreográfico Galego está a polémica da súa sede. Logo dos desencontros entre a Consellaría de Cultura e o concello da Coruña polos termos da cesión dunha parcela para a construción dunha sede, acontece que o proceso se dilatou no tempo e houbo que devolver (con intereses) a partida que o Ministerio de Cultura achegara para tal fin. Con todo, a vontade dos dirixentes de Agadic está a de manter a súa palabra de que o Centro Coreográfico terá sede propia no contorno da Coruña.
Nese contexto retomáronse as negociacións coa nova corporación saída das urnas o pasado mes de maio e, entre as opción que se barallaron está a de Ágora. Desde Agadic insiste que non hai nada acordado, que quedan numerosos asuntos da cesión dese espazo pendentes de falar. Malia a que o concello da Coruña non quere confirmar nada ata que todos os acordos estean pechados, barállase a opción de Ágora, un dos centros culturais construídos nos últimos anos e que está pendente de inauguración oficial. É unha das máis opción máis atractivas, primeiro porque o centro está parado desde a destitución de Manuel Olveira como director, cuxos proxectos (moitos deles en revisión por José Luis Rodríguez, o actual director) se suspenderon coa súa saída e segundo, porque o custe da adaptación física do edificio ás necesidades que tería o Centro Coreográfico sería moi baixo (o centro conta entre as súas posibilidades escénicas cun teatro, un requisito que facilitaría o traballo do CCG). De todos os xeitos, como aseguran tanto desde o concello da Coruña como fontes do Agadic non hai nada pechado, nin moito menos decidido.