O local A Taberna, de Cerceda acollÃa o pasado sábado 16 a presentación do DVD Zënzar ao vivo. O grupo presenta nesta produción o concerto que dera nesta mesma localidade en 2009, a coincidir co seu vinte aniversario e contando con numerosas colaboracións. Ademais da actuación en Cerceda, que contou coa presenza de Xurxo Souto, MarÃa Xosé Silvar “Ses” ou Javier Pardeiro “O reverendo”, entre moitos outros, a banda ofrece outro recital con convidados no Badulake de Ordes o vindeiro 23 de decembro. Nestas presentacións está a venda unha edición limitada do DVD autoeditado, que chega ás tendas o vindeiro mes de xaneiro.
Segundo explica Manuel GarcÃa, baterÃa do grupo “coincidiu que se deu a posibilidade de gravar ese concerto, cando faciamos vinte anos do grupo, e pensamos que simbolizaba o feche desa etapa”. En total presentan quince temas a repasar a longa traxectoria da banda, que se reclama como o grupo de rock en galego en activo con maior antigüidade. Segundo explica o baterÃa, en vinte anos, “evolucionamos, afortunadamente. Antes tirabamos a vertentes máis duras do rock, e logo fómonos aberto a colaboracións con outros ritmos, o que tamén nos abriu algunhas portas. Agora mesmo temos directos nos que contamos con gaiteiros e algunha percusións e nos discos en xeral gústanos levar voces amigas”.
Como segredo que explica a lonxevidade do proxecto, GarcÃa apunta que “non é máis que ser un grupo de amigos que se coñece de toda a vida”. AÃnda que houbo algúns cambios na formación “os que entraron adaptáronse perfectamente”. No entanto, apunta que “sobre todo a cuestión é non pretender vivir disto, porque resulta algo moi difÃcil. AÃnda que sempre procuramos facer discos e directos cada vez mellores, sabemos que é moi complicado vivir da música. Non se pode un marcar obxectivos difÃciles de cumprir que che levan á frustración”.
Ademais deste lanzamento Zënzar anuncia para o vindeiro mes de abril o seu sexto álbum (descontado este DVD). “Terá trece temas, e a gravación está practicametne rematada. Gravamos como é habitual con Javier Abreu en Gondomar, vai ir un pouco na liña habitual, aÃnda que terá colaboracións, que nos gusta moito meter, será perfectamente recoñecible”, apunta GarcÃa. MarÃa Xosé Silvar Ses e mais a compostelá Loli Nogueira son dúas das voces que participarán no proxecto.
Con tan longa traxectoria ás costas, os membros de Zënzar poden avaliar con credenciais a actual situaicón da música en galego no paÃs. “Penso que en xeral foi para ben, hai moitos máis grupos que cantan en galego e con estilos moi variados. Tamén existe unha maior facilidade para facer discos. Pola banda negativa estamos nunha situación na que, se xa nunca houbo moito apoio por parte das institucións, agora aÃnda hai menos”.