Zënzar vai polo dez con Camiñando entre serpes

A banda presenta o sábado 9 o seu novo traballo en Ordes

5/5/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Once novos temas de rock reivindicativo e poesía urbana. A banda decana do rock en galego, Zënzar, chega ao seu décimo álbum con Camiñando entre serpes. No novo traballo, gravado nos estudios de Javier Abreu, a banda achega un son máis directo que se gravou ao vivo. Temas como Cortina a versionar un poema de Díaz Castro, Nada que perder ou A xente fala adiantan un traballo que está xa dispoñible na rede e que conta coas colaboracións de José M. Ares á gaita e de Xenderal á voz e ao beatbox.

A Sala Josfer en Mesón do Bento, en Ordes, acolle este sábado 9 a presentación do novo traballo, nun concerto no que o grupo estará acompañado por Os do Xalo e mais por Xenderal.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Ordes, Poesía, Ares

Claves

Conceptos
Lugares