
As tarxetas turÃsticas son iniciativas habituais de promoción das cidades que teñen como obxectivo facilitar a estadÃa nunha cidade con ofertas que van desde o transporte, aloxamento e con propostas interesantes. As diferentes modalidades dependen da realidade turÃstico-cultural do territorio sobre o que actúan e do tipo de turismo que se pretende fomentar. A maior parte delas véndense tanto nos establecementos que se incorporan á promoción, como nos circuÃtos de venda. E a aceptación turÃstica depende tanto da cantidade como calidade das promocións, asà como da información e accesibilidade que o turista teña desta proposta.
O concello da Coruña acaba de anunciar que ten sobre a mesa a implantación dunha tarxeta turÃstica. A xerente da empresa municipal de turismo, Fernanda Arenas, explica que “de momento estamos a valorar a proposta pero non temos nin definido o modelo nin cando se implantará”. O que sà teñen, é unha experiencia previa, a Coruña Card Millennium que puxeron a venda hai uns catro anos ofrecÃa acceso gratuÃto ao tranvÃa turÃstico, asà como as entradas aos museos cientÃficos coruñeses (Aquarium Finisterrae, Domus/Proxección Magnavisión, Casa das Ciencias/Planetario, Museo Arqueolóxico e Historico, Castelo de San Antón, Torer de Hércules), asà como descontos en diferentes iniciativas de lecer (“Noroeste a Fondo”, no alugueiro de bicicletas ou Segway). Todo iso por 7 (tarxeta individual que inclúe un adulto máis un menor) ou 15 euros (dous adultos e dous menores). “A tarxeta tivo problemas de funcionamento e non era operativa polo que se deixou de empregar coa idea de estudar ben o produto” puntualiza Arenas. A penas leva dous meses entre o posto pero entre os seus obxectivos está a reactivación deste servizo. “Existen miles de tarxetas turÃsticas pero nós buscamos unha que se adapte á realidade da oferta coruñesa e que sexa útil para o visitante” aclara. Recoñece que na Coruña existe un “perfil alto de viaxante de negocios, pero tamén moito turista nacional; outro perfil de turista que chega desde Inglaterra e italiano, asà como un incremento notorio de visitante de cruceiros”.
As últimas en chegar
Lugo e Pontevedra son as últimas ciudades que acaban de deseñar unha oferta turÃstico cultural pensada para o viaxeiro. Patricia López, técnica municipal de turismo de Lugo, explica que no ano 2008 “recibimos unha subvención do goberno centra para o desenvolver proxectos turÃsticos e, no marco daquela axuda, foi cando se puxo en marcha, entre outras propostas, a tarxeta turÃstica”. Pero a iniciativa tardou en concretarse e non foi ata este verán que se puxo a venda a “Lugo Card”. “Ten a clara intención de motivar e aumentar a pernotación na cidade porque detectábamos que a maior parte dos viaxeiros que veñen a Lugo non quedan aquà a durmir, senón que veñen de paso, por iso a proposta inclúe desde ofertas nos hoteis, en establecementos comerciais, asà como descontos para propostas culturais que organiza o concello como o Festival de Teatro Clásico ou o Festival de Jazz” explica López. A tarxeta ten tres modalidades (1, 2 ou 3 dÃas) e conta con 51 establecementos asociados. En canto a proposta de tarxeta, desde o concello de Lugo explica que “hai infinidade de modelos de tarxetas, pero collemos referencias como Xixón, Valladolid ou mesmo Pontevedra e pretendemos adaptalo á nosa realidade”. Tendo en conta que o acceso á muralla e aos centros da rede museÃsticos son de balde, a súa proposta procuraba ofrecer un atractivo complementario a quen se achega ata a cidade. A tarxeta inclúe un plano e unha guÃa turÃstica que ofrece información da cidade. O prezo entre 7 e 15 euros se é unha tarxeta individual e entre 14 e 30 euros se é familiar (2 adultos e 2 menores).
En marzo deste mesmo ano Pontevedra puxo a andar a súa tarxeta de visita. “Ten 60 establecementos que inclúe desde hoteis, restaurantes, un spa urbano, tendas de roupa que ofrecen descontos e, como a entrada do Museo de Pontevedra é de balde, fan descontos nos prezos das súas publicacións” explica Patricia Miralles, xerente da empresa pontevedresa de turismo. Recoñece que a idea non está funcionando moi ben, pero de cara a 2012 “estamos buscando darlle unha maior publicidade, asà como a posibilidade de que a xente poida mercala a través da rede (ten sitio web propio) e poida beneficiarse do desconto desde o mesmo momento que fai a súa reserva hostaleira” aclara Miralles.
Desaparecidas
Vigo e Santiago son os outros concellos que tiveron nos últimos anos este tipo de tarxetas. Malia o seu bo prezo (entre 12 e 15 euros para 48 horas) ningunha das dúas iniciativas se manteñen a dÃa de hoxe pola súa baixa demanda. Fontes de Incolsa, empresa municipal de turismo, explican que a tarxeta ofrecÃa transporte ilimitado ao transporte urbano e incluÃa descontos en 91 establecementos (desde locais nocturnos ata trens de proximidade, pasando por restaurantes, bares, cafetarÃasÂ…) pero non tiña suficiente demandan e acabou por retirarse. Segundo fontes deste organismo, os baixos resultados conseguidos desta iniciativa que estivo operativa un par de anos, fan que non teñan intención de recuperala a curto prazo.
No caso de Ourense, no ano 2009 chegou a presentarse aos medios unha proposta de crear unha tarxeta turÃstica de similares caracterÃsticas (descontos en comercios, transporte, acceso a museos e termas) pero que non chegou, tal e como confirman desde a oficina municipal de turismo, a materializarse.
Folleto da Coruña Card Millenium (non operativa).