Pepe Carreiro anuncia a continuidade de Os Bolechas

Logo de publicar Os Bolechas van á cooperativa en breve presentará un novo álbum

Logo do parón provocado pola creba da editora Promocións Culturais Galegas, a serie de contos infantís Os Bolechas, posiblemente a de maior éxito entre etes público, continúa. O pasado venres presentábase en Compostela Os Bolechas van á cooperativa que editou a asociación de comercio xusto Panxea con ocasión do seu XVI aniversario. O seu auto, Pepe Carreiro adianta ademais que en moi pouco tempo presentará un novo volume das peripecias destes irmáns, centrado na temática do circo, e que xa ten acordo cunha editora para darlle continuidade á serie.

Sen querer entrar en detalles, Carreiro sinala que están a traballar en toda unha serie de accións promocionais dos seus novos traballos e que, "se o público responde" pretende "continuar a serie con máis forza que antes". Polo momento, debido ao proceso de liquidación da anterior editora dos libros, non está previsto a reedición dos múltiples títulos que xa foron publicados.