Son dous dos maiores coñecedores de gravados rupestres no país. Antonio de la Peña e Buenaventura Aparicio levan toda a súa vida a explorar e documentar estas pezas do noso patrimonio. Agora, compilan unha pequena parte do seu saber nunha guía para todos os públicos. A aproveitar a ocasión, preguntásmolles polas pezas que máis marcaron as súas biografías, historias que son tamén as da investigación arqueolóxica no noso país.
Edicións do Cumio acaba de tirar á luz a Guía de petróglifos de Galicia, unha selección de 45 destas pezas repartidas por boa parte do país. A obra inclúe unha coidadas imaxes e comentarios dos dous autores, o arqueólogo Antonio de la Peña e o historiador e antropólogo Buenaventura Aparicio, sobre cada unha das pezas, sinalando asimesmo o xeito de acceder a ela. Sen pretender ser un catálogo exhaustivo, a guía permitirá a moitos lectores iniciarse no complexo mundo da arte rupestre e coñecer un dos patrimonios mais importantes e singulares do noso país.
A selección da guía
É evidente que, con tanto coñecemento acumulado como teñen os autores, non é sinxelo facer unha escolma de gravados para incluír nunha guía deste tipo. Aparicio sinala que temos máis de mil pedras con gravados en Galicia, e facer unha selección é difícil. Hai algunhas, unhas vinte, que necesariamente están en calquera selección. Logo hai catro ou cinco que podían ser outras, e logo entran forzosamente criterios persoais. Como dixo Antonio, se non están todas as que son, si que son todas as que están. De la Peña, pola súa banda, apunta que tentamos colocar algúns novos achados que resultasen significativos, e tamén procuramos un certo criterio territorial. A comarca das Rías Baixas está aí como zona cero da arte rupestre, tentamos diversificar, aínda que non houbo xeito de pór algún de Lugo. Canda a isto, está a dificultade de obter documentación axeitada dalgúns dos gravados, e a vontade de chegar a un público xeral. Xogamos tamén coa espectacularidade, e pensamos que é o que máis lle podería interesar ao grande público, completa. Para alén do texto, De la Peña salienta o traballo que desenvolveu Xulio Gil ao abordar as fotografías da obra. Ten un grande mérito, conseguiu tirar á luz gravados que case non se ven, e sen empregar iluminacón artificial. Canda a estas imaxes pódense ver tamén os calcos cos que o propio arqueólogo acompaña cada unha das entradas e que amosa os conxuntos pétreos.
Os favoritos
Mesmo con tantas dificultades para escoller, estes dous investigadores non teñen moito problema á hora de dicir cal é o seu gravado favorito. De la Peña decántase pola Laxe das Ferraduras. Sempre digo o mesmo. O petróglifo por antonomasia é a Laxe das Ferraduras. Nel está recollido todo o repertorio temático, e ademais é dos poucos que podemos interpretar porque nos amosa unha escena. Aí podemos ver un xefe, cos seus atributos que son as armas de cobre. É unha maravilla que noutro país estaría perfectametne protexido e do que xa habería unhas cantas copias". Aparicio, malia ter creado un grupo de investigación chamado A Laxe da Irena e de ter traballado sobre moitos gravados, salienta A Laxe das Sombriñas. Resulta un petróglifo verdadeiramente excepcional. Ao mellor a quen lle gusten as armas poría o castriño de Conxo, onde se pode ver unha panoplia estupenda. E quen prefira os cervos escollerá a Laxe dos Carballos ou o Nabal de Martiño, onde se poden ver os cazadores rodeando a manda de cervos. Aí entran gustos persoais. Para outros, a pedra mais senlleira será a das Ferraduras en Cotobade, sempre é algo moi subxectivo.
O tempo pasa por todos
Do mesmo xeito que o tempo pasou por estes investigadores, tamén os petróglifos mudaron. Técnicas que permiten a reprodución dos gravados en alta definición e mesmo en tres dimensións, documentación exhaustiva, múltiples descubertas e novas teorías modificaron o xeito no que coñecemos estes bens. A verdade é difícil para nós recuperarmos fotos daquela, lembra De la Peña. Non había moitos recursos, así que faciamos algunhas diapositivas e fotografías, e se podiamos coller tres ou catro petróglifos en cada unha moito mellor. Canda ás melloras, tamén se deron desde os tempos nos que De la Peña e Aparicio iniciaban os seu contacto co mundo da arte rupestre, desgrazados casos de vandalismo e deterioramento de pedras, que en moitas ocasións nin sequera son vítimas de accións conscientes. Antes víanse moito mellor, para comezar pola mudanza de empregos que se deu no monte. Medrou moita vexetación que non deixa pasar a luz, e ao non lles dar o sol ás pedras, medran liques e musgos que as deixan como cun traxe de camuflaxe, o que dificulta ver os gravados explica este arqueólogo.
OS PETRÓGLIFOS DA VIDA DE ANTONIO DE LA PEÑA
O primeiro
Marín, anos finais da década dos sesenta, sábado pola tarde. Varios amigos, alumnos de Bacharelato no colexio San Narciso, pasean pola estrada das praias. Non había cartos, e os rapaces, daquela, paseabamos. Un propón ver o labirinto de Mogor. Era o único que sabía do que falaba; o resto imaxinabamos algo así como un edificio. Cando menos. Foi unha sorpresa total, e o sábado seguinte, armado cunha cámara fotográfica de corpo de plástico e óptica de fondo de vaso recentemente adquirida en Portugal, e provisto de varias pezas de xiz hábilmente distraídas da aula do colexio, procedín a marcar aqueles estranos sucos e tomar algunha foto. O virus estaba inoculado. O resto é historia coñecida.
A primeira publicación
Ano 1971. As frecuentes visitas á zona coñecida como A Caeira -do concello de Poio pero inmediata á vila de Pontevedra, polo que se podía ir andando- van dando os seus froitos. Unha bolsa de plástico acolle agora o instrumental técnico: dous cepillos -brando e duro-, un paletín, un paquete de xiz, un caderno de notas, unha escala e unha cámara fotográfica Werlisa Color. Aparecen novos petróglifos xunto aos xa coñecidos. Algún, de bastante interese. E con todos eles fago a miña primeira publicación, no volumen do ano 1975 de Cuadernos de Estudios Gallegos adicado a Bouza-Brey.
A descoberta da Laxe dos Carballos
Ano 1980. Colaboro con Antonio Álvarez Núñez na catalogación de petróglifos do concello de Campo Lameiro. El busca e atopa; eu, logo e grazas a unha reliquia en forma de Seat 850 que era quen de chegar de Pontevedra a Campo Lameiro, facía os calcos das pedras atopadas. Os tempos mudaran. Agora faciamos calcos sobre plástico e diapositivas. Mágoa que a bolsa que desfrutaba acadara a estratosférica cifra de 16.000 pts. E que un carrete de diapositivas costase 2.000 pts Revelado incluido, iso si.
Antonio atopa no lugar de Os Carballos evidencias dun petróglifo soterrado pero que deixaba ver algún suco nas rodadas de carro do camiño. Era preciso escavalo. E desviar o camiño. E todo eso levaría certos trámites previos.
A solución chegou o ano seguinte. Nomeado eu encarregado das escavacións de urxencia na provincia para ese ano, procedo a dirixir a escavación da pedra coa colaboración dos membros do Grupo de Arqueoloxía Alfredo García Alén ao que pertenciamos tanto Antonio coma min. E así sacamos á luz a que hoxe é a xoia do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.
Antonio Álvarez Núñez finou de cancro hai cousa dun ano. Adicou esforzos a descubrir e publicar máis de dous centos de petróglifos do concello de Campo Lameiro. Como ATS que era, aproveitaba a súa profesión para interrogar aos paisanos e para falarlles da importancia do patrimonio cultural co que convivían día a día pero ignoraban. Incrementou, xa que logo, o patrimonio cultural de Galicia. Nin en vida nin morto ten sido obxecto de recoñecemento oficial algún. No concello de Campo Lameiro non hai nada que lembre a memoria de Antonio Álvarez Núñez. No Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro non hai referencia algunha ao seu desinteresado labor malia que gran parte dos petróglifos que acolle o Parque foron descubertos por él. Mágoa de país.
Na foto da escavación pódese ver, no centro e máis clariño, o cacho de pedra que estaba ao aire libre e que deu a pista do petróglifo soterrado.
OS PETRÓGLIFOS DA VIDA DE BUENAVENTURA APARICIO
A descuberta na aldea
Parada é unha pequena aldea da parroquia de Santa Baia de Ponte Caldelas. Alí, fuxindo do mundanal ruído, temos o noso lar de fin de semana e vacacións. A afección lle pode a un e, axiña, a miña dona e eu comezamos a percorrer o monte na procura non de cogumelos, senón de petróglifos cada un ten a súa teima e todas son respectables-.
Na aldea, de vagar, un vai facendo amigos. Miguel Baqueiro, bo coñecedor do entorno, charla a miúdo con nós e coñece as nosas inquedanzas. Un día nos comunica unha nova: nun camiño forestal, nunha laxe a rentes do chan, vense unhas coviñas. O demais é coñecido. Nacía para o mundo A Laxe da Irena que, pudorosa, aínda nos oculta parte do seu misterio. Segundo salienta este antropólogo, estamos ante un magnífico conxunto de cervos, cazoletas e figuras circulares. O máis chamativo é a representación de dous cervos enfrontados, coa corna entrelazada, nunha desas loitas que teñen lugar na época da brama ou berrea, e sinala que o conxunto hanos deparar novas sorpresas cando se levante un muro erguido sobre ela e se escave unha chousa contigua na que soterradamente se prolonga.
A aparición do cervo nas sombras
Ata o Coto das Sombriñas cheguei, por primeira vez, magoado, con muletas, por culpa dun proceso reumático que deixou o meu nocello dereito como remedo dunha pata de elefante. Fun na compaña de dous egrexios persoeiros: Javier Costas Goberna e Antonio de la Peña Santos. Alí, como se se tratase dunha aparición da Virxe, quedei abraiado diante do gran cervo que mira ao ceo. Desde entón non me dou ceibado do encanto. O conxunto é para Aparicio unha mestura de beleza, encanto e misterio os arrodea. O historiador e antropólogo apura para nós unha interpretación do gravado. Arriscando un pouco, expoño a hipótese de que o representado é o percorrido solar: a manda de cervos mira ao sol nacente que, nas seguintes figuras circulares, vaise elevando no horizonte, para rematar ao oeste, no solpor, co deseño dunha gran combinación circular radiada que culmina en pequenos círculos oculados, un deles cunha esvática no seu interior e outro cun tríscele. Realmente abraiante.
A pedra dos veciños
Oíra falar desta pedra, pero ata que non estiven diante dela non puiden aprezar un cervo ferido tan explícito. Despois outros afeccionados coma nós descubriron que uns trazos moi erosionados figuraban a un cazador que con un arco ou dous armas arreboladizas na man persigue ao gran cervo. A escena estaba completa. Tiñamos unha das representacións da caza do cervo máis impactantes da arte rupestre galega. O descubrimento do cazador calou fondo entre os veciños do lugar de Cuñas, que hoxe teñen un calco do seu petróglifo da autoría de Antonio de la Peña o Leonardo da Vinci da calcomanía- como unha xoia. A incidir no interese da comunidade local no proxecto, Aparicio salienta un feito esperanzador, contraposto á desidia oficial. Nada menos que 80 veciños de Ponte Caldelas avós e netos, xente nova, familias case ao completo- asistiron, nunha calurosa tarde estival, a unha visita guiada por Antonio de la Peña e un servidor á Pedra do Cervo. Alí concienciáronse de tres cousas: que a pedra é súa, que é moi valiosa e, por último, que hai que coidala como ouro en pano. Arestora, a Comunidade de Montes de Cuñas pensa en rehabilitar a pedra e o seu entorno en canto dispoña de cartos. Sempre pensamos que o pobo é o mellor deste país e os feitos nos dan a razón.
Fragmento da Guía de petróglifos de Galicia de Edicións do Cumio.Edicións do Cumio acaba de tirar á luz a Guía de petróglifos de Galicia, unha selección de 45 destas pezas repartidas por boa parte do país. A obra inclúe unha coidadas imaxes e comentarios dos dous autores, o arqueólogo Antonio de la Peña e o historiador e antropólogo Buenaventura Aparicio, sobre cada unha das pezas, sinalando asimesmo o xeito de acceder a ela. Sen pretender ser un catálogo exhaustivo, a guía permitirá a moitos lectores iniciarse no complexo mundo da arte rupestre e coñecer un dos patrimonios mais importantes e singulares do noso país.